Remove ads
tradutora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Saleta Fernández Fernández, nada en Vigo, é unha tradutora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Século XX Vigo |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | tradutora |
Entre 1992 e 1996 cursou o grao de tradución e interpretación na Universidade de Vigo.[1] Entre 2000 ao 2003 obtivo na mesma universidade o título de profesora de tradución xeral alemán-galego e alemán-español.[1]
Traballa sobre todo nos campos de turismo, mercadotecnia e publicidade, especializándose na tradución técnica: industria automotriz, maquinaria, e desenvolvemento de produtos: manuais de instrucións, páxinas web, catálogos etc.[1]
Xunto con Lara Santos e María Reimóndez foi unha das fundadoras da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) en 2001, e impulsora con elas de todas as iniciativas que viñeron despois.[2]
Entre as súas traducións de obras literarias destacan Novela de xadrez, do escritor austríaco Stefan Zweig, (traducida ao galego en tándem con Patricia Buxán)[3] e a tradución ao castelán do libro Contos de ida e volta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.