Sakura 2A
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sakura 2A, coñecido tamén como CS 2A (acrónimo de Communications Satellite) foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 4 de febreiro de 1983 mediante un foguete N-2 desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][2][3]
Sakura 2A / CS-2A | |
---|---|
Tipo | Comunicacións |
Fabricante | Mitsubishi Electric / Ford Aerospace |
Organización | NASDA |
Destino actual | Fóra de servizo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 4 de febreiro de 1983, 8:37 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | N-2[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[1][2] |
Obxectivo da misión | Satélite de comunicacións[1][2] |
NSSDC ID | 1983-006A |
Masa | 772 kg[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 42.408 km[4] |
Inclinación | 14,2 graos[4] |
Apoapse | 36.073,4 km[4] |
Periapse | 36.000,7 km[4] |
Sakura 2A, xunto con Sakura 2B, era parte da segunda xeración de satélites de comunicación xaponeses. Foi usado para operacións comerciais de comunicacións e en misións cooperativas, como transmisións de emerxencias e comunicacións con illas xaponesas distantes. Usáronse tamén para probar novos sistemas de comunicacións. Levaba a bordo 4 transpondedores en banda Ka e foi inxectado nunha órbita xeoestacionaria, nunha posición de 132º E.[1][2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.