Sacarrollas
From Wikipedia, the free encyclopedia
O sacarrollas[1] é un instrumento consistente nunha hélice metálica cun mango ou panca que se inventou para poder quitar as rollas ós frascos e botellas de viño e xaropes embotellados. Os sacarrollas fabrícanse en materiais tan diversos como plástico, metal ou madeira pero a espiral sempre é de aceiro. Existen os nomes dialectais tirarrollas e tirabuxón.[2]


Tipos
Existen diferentes tipos de sacarrollas:[3]
- De botella, o máis habitual que á súa vez adopta diferentes formas.
- Pregable, propio de hostalería, xa que se pode levar no peto.
- De ás que se erguen ó introducir a barrena, facilitando así a extracción ó facer panca. É moi común no ámbito doméstico.
- De parede, acaroado á parede e que se acciona por sistema de panca.
- De láminas ou lingüetas - consistente en dúas láminas metálicas que se introducen nos laterais do pescozo da botella extraendo deste xeito a rolla intacta. Tamén permite reintroducir o tapón.
- De aire comprimido - inxéctase aire cunha bomba atravesando o tapón cunha agulla. A corrente de aire fai elevar o tapón, pero pode prexudicar a estrutura do viño, polo que é pouco utilizado.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.