From Wikipedia, the free encyclopedia
O Saab 210 Lilldraken foi un banco de probas a escala reducida para o concepto de á dobre delta no desenvolvemento do caza Saab 35 Draken. Aínda que oficialmente nunca recibiu outro nome que non fose Draken por Saab, ao pouco tempo comezou a ser coñecido polo seu alcume no oficial Lilldraken (o pequeno dragón) despois do primeiro voo do prototipo do Saab 35. O seu voo de estrea foi o 21 de xaneiro de 1952.[1]
Saab 210 | |
---|---|
Saab 210 en voo en 1952 | |
Tipo | avión experimental |
Fabricante | Saab AB |
Deseñado por | Erik Bratt |
Primeiro voo | 21 de xaneiro de 1952 |
Unidades construídas | 1 |
Tras 887 voos e 286 horas acumuladas, o Saab 210 voou por derradeira vez o día 25 de outubro de 1956.[2] No presente o único exemplar fabricado do Lilldraken atópase no Flygvapenmuseum, o museo da Forza Aérea de Suecia en Linköping.[3]
Baixo a dirección do deseñador Erik Bratt, a principios dos 50 Saab estaba desenvolvendo unha configuración de á en delta dobre para a proposta dun caza supersónico. A configuración era novidosa e moi avnzada, polo que un pequeno avión de probas aerodinámicas, o Type 210, foi construído para investigar as súas características de voo a baixa velocidade.[2]
A á en dobre delta sen cola estendíase case ata a parte dianteira do 210, coas tomas de aire integradas nas ás colocadas xusto detrás dun pequeno morro. O 210 tamén contaba cun dosel en forma de burbulla, unha deriva en frecha e un tren de aterraxe en triciclo semiretraíble.[4] esas alturas o caza foi designado J 35 Draken e o pequeno avión de probas comezou a ser coñecido como "Lildraken". O avión estaba impulsado por un motor Armstrong Siddeley Adder.
O 210 realizou o seu voo de estrea o 21 de xaneiro de 1952 con Bengt Olow aos mandos. Posteriormente levou a cabo extensas probas de voo, antes de ser modificado para unha segunda fase.[2]
O 210 modificouse movéndose as entradas de aire cara a atrás e poñendose ao lado da cabina, co obxectivo de incrementar o campo de visión do piloto. Tamén se lle engadiu un paracídas de freado. Nesta forma foi designado 210B, e a configuración previa recibiu restrospectivamente a designación 210A.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.