STS-9

misión do transbordador espacial Columbia From Wikipedia, the free encyclopedia

STS-9
Remove ads

STS-9 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 28 de novembro de 1983 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

STS-9, con seis astronautas a bordo, foi lanzada co laboratorio europeo Spacelab por primeira vez na bodega de carga para facer experimentos en microgravedade. A tripulación estaba formada polo comandante John W. Young, o piloto Brewster H. Shaw, os especialistas de misión Owen K. Garriott e Robert A. R. Parker e os especialistas de carga Byron K. Lichtenberg e Ulf Merbold.[3][5][6][7]

Durante a misión o módulo Spacelab albergou experimentos sobre física atmosférica e observación da Terra, física de plasma, astronomía e física solar e ciencia de materiais e biolóxicas. Foi a primeira vez en que seis persoas viaxaron ao espazo no mesmo vehículo.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 8 de decembro de 1983. Durante a aterraxe dúas das tres unidades xeradoras de enerxía auxiliares prenderon lume.[3][5][6][7]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads