misión do transbordador espacial Challenger From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-8 foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 30 de agosto de 1983 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-8 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-8. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 30 de agosto de 1983, 6:32 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 6,05 días[6] |
Obxectivo da misión | Posta en órbita do Insat 1B.[3][6] |
Regreso | 5 de setembro de 1983[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1983-089A |
STS-8, con cinco astronautas (Richard Truly, Daniel Brandenstein, Dale Gardner, Guion Bluford e William Thornton) a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite Insat 1B e facer varios experimentos. Bluford foi o primeiro astronauta afroamericano da Historia.[3][5][6][7]
Durante o voo a proa do transbordador mantívose apuntando en sentido contrario ao Sol durante 14 horas para estudar o ambiente na cuberta de voo en frío extremo.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 5 de setembro de 1983. Foi a primeira misión dun transbordador en engalar e aterrar de noite.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.