misión do transbordador espacial Atlantis From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-66 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 3 de novembro de 1994 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-66 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-66. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 3 de novembro de 1994, 16:59 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 10,94 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos co laboratorio ATLAS-3.[3][6] |
Regreso | 14 de novembro de 1994[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1994-073A |
STS-66, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións da atmosfera terrestre mediante os instrumentos dos laboratorios ATLAS-3 e CRISTA-SPAS e realizar experimentos biolóxicos e fisiolóxicos. A tripulación estaba formada polo comandante Donald R. McMonagle, o piloto Curtis L. Brown, a comandante de carga Ellen Ochoa e os especialistas de misión Scott E. Parazynski, Joseph R. Tanner e Jean-François Clervoy.[3][5][6][7]
ATLAS-3 levaba dous instrumentos (SOLCON e SOLSPEC) para medir as emisións solares e a concentración de ozono atmosférico no rango de lonxitudes de onda da luz visible e ultravioleta. Tamén incluía os instrumentos ATMOS, SSBUV, ACRIM, SUSIM e MAS. CRISTA-SPAS era unha plataforma flotante que foi liberada do transbordador no segundo día de misión e se mantivo a entre 40 e 70 km por detrás do transbordador mentres facía as súas medicións da atmosfera. Foi recollida oito días despois.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 14 de novembro de 1994.[3][5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.