misión do transbordador espacial Endeavour From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-57 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 21 de xuño de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-57 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-57. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 21 de xuño de 1993, 13:07 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 9,99 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos no módulo Spacehab 1, recuperación do satélite EURECA.[3][6] |
Regreso | 1 de xullo de 1993[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1993-037A |
STS-57, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos a bordo do módulo presurizado Spacehab 1 e recuperar o satélite EURECA, posto en órbita pola misión STS-46. A tripulación estaba formada polo comandante Ronald J. Grabe, o piloto Brian Duffy, o comandante de carga G. David Low e os especialistas de misión Nancy J. Sherlock, Peter J. Wisoff e Janice E. Voss.[3][5][6][7]
O módulo Spacehab 1 levaba a bordo seis experimentos sobre ciencia de materiais e seis experimentos sobre biotecnoloxía. Outros experimentos foron feitos a bordo do transbordador, incluíndo un experimento de reciclaxe de auga para para estacións espaciais. O 24 de xuño a tripulación capturou o satélite científico recuperable EURECA para devolvelo a terra, pero debido a que as súas antenas non se recolleron ao enviárselle instrucións para iso, os astronautas Low e Wisoff tiveron que facer unha actividade extravehicular para pregalas manualmente e poder recoller o satélite.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 1 de xullo de 1993.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.