primeira misión do transbordador espacial Columbia From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-1 (acrónimo de Space Transportation System 1) foi a primeira misión dun transbordador espacial (o Columbia) da NASA e foi lanzado o 12 de abril de 1981 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral para levar a cabo as primeiras probas coa nova nave.[2][3][5][6]
STS-1 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-1 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 12 de abril de 1981, 12:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 2,26 días[6] |
Obxectivo da misión | Proba tripulada do novos sistema de lanzamento reutilizable STS.[3][6] |
Regreso | 14 de abril de 1981[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea, California[6] |
NSSDC ID | 1981-034A |
Masa | 4908,0 kg[3] |
STS-1 foi a única misión na que unha nave que xamais antes voara foi lanzada con tripulación a bordo, asumindo o risco da perda de vidas en caso de que surxira algún problema durante o lanzamento ou o regreso. Os tripulantes, John W. Young e Robert L. Crippen, fixeron probas da nave e os seus sistemas durante o lanzamento, en órbita e durante o regreso. O conxunto de nave e foguetes lanzadores engalou a unha órbita máis elevada do planeado. O transbordador separouse sen problemas do tanque principal aos 10 minutos do lanzamento, converténdose na nave máis pesada en chegar a órbita e na primeira con ás. O voo en total durou 2,26 días (54 horas, 20 minutos e 53 segundos) e o Columbia aterrou na Base Edwards da Forza Aérea, en California, sen incidentes.[3][5][6][7]
A nave levaba a bordo as cargas DFI (Developmental Flight Instrumentation) e ACIP (Aerodynamic Coefficient Identifications Package) para rexistrar parémetros de voo (aceleración, temperaturas, presións...) e estudar o comportamento do orbitador e os foguetes lanzadores. Durante o lanzamento 16 losetas térmicas do escudo contra o calor se perderon e 148 resultaron danadas, pero o escudo estaba deseñado para soportar unha reentrada con certo número de losetas faltantes. Rexistráronse tamén danos menores debido á sobrepresión da saída dos gases dos foguetes aceleradores SRB durante o lanzamento, o que levou a utilizar un sistema de auga para suprimir as ondas de choque dos gases de escape en posteriores lanzamentos. A misión estaba planificada orixinalmente para ser lanzada o 10 de abril, pero foi atrasada por problemas co ordenador de a bordo.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.