From Wikipedia, the free encyclopedia
A Società Sportiva Felice Scandone Basket Avellino foi un club profesional de baloncesto italiano da cidade de Avellino, na rexión da Campania. En 2019 o equipo renunciou á súa praza na Lega Basket Serie A, a máxima competición do baloncesto italiano, por motivos económicos. Despois de competir na temporada 2020−21 da Serie B, terceira categoría do país, o equipo descende de categoría, decidindo non se inscribirse en ningunha competición para a seguinte temporada.[1] Fundado en 1948, obtiveron o seu primeiro título no ano 2008, cando gañaron a Coppa Italia tras vencer na final á Virtus Bologna por 73 a 67. Xogaba os seus encontros como local no Palasport Giacomo Del Mauro, un pavillón remodelado en 2008 con capacidade para 5 100 espectadores.
Sidigas Avellino | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Società Sportiva Felice Scandone |
Fundación | 1948 |
Desaparición | 29 de xullo de 2021 |
Cores | Branco, verde, laranxa |
Presidente | Gerardo Santoli (último) |
Patrocinador | Sidigas |
Localización | |
Cidade | Avellino, Italia |
Pavillón | PalaDelMauro |
Capacidade | 5 195 |
Inauguración | 1987 |
Campionatos | |
Copa | 1 (2008) |
scandonebasket.it |
O mellor resultado na historia do club é a terceira praza da Serie A italiana obtida na tempada 2007-08 e que lle permitiu participar na Euroliga na tempada 2008-09. O único título do club chegou no 2008, ao gañar a Copa de Italia. En 2019 debido a motivo económicos o Felice Scandone renuncia á súa praza na Serie A, sendo descendido en consecuencia á Serie B, terceira categoría italiana. Na temporada 2020−21, o equipo finaliza en 15º lugar, perdendo nas eliminatorias polo descenso a categoría. Após a finalización da temporada, o club decide non inscribirse en ningunha competición, facendo así oficial a desaparición da sociedade o 29 de xullo de 2021.[1]
Ao longo da súa historia o Felice Sandone de Avellino levou diferentes nomes por mor de motivos de patrocinio:[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.