Samuel George Gottlieb Gmelin, nado o 4 de xullo de 1744 en Tubinga e finado o 27 de xuño de 1774 en Achmetkend, (no actual Daguestán), foi un médico, naturalista e explorador alemán ao servizo do Imperio ruso.
Nome orixinal | Samuel George Gottlieb Gmelin |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de xullo de 1744 Tubinga, Alemaña |
Morte | 27 de xullo de 1774 (30 anos) Akhmedkent, Rusia |
País de nacionalidade | alemá |
Educación | Universidade de Leiden |
Director de tese | Johann Georg Gmelin |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | explorador, entomólogo, médico, ornitólogo, botánico, pteridólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade Estatal de San Petersburgo |
Membro de | |
Profesores | Johann Georg Gmelin e Philipp Friedrich Gmelin |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | S.G.Gmel. |
Familia | |
Cónxuxe | Anna von Chappuzeau |
Pai | Johann Konrad Gmelin |
Irmáns | Christian Gottlieb Gmelin |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Russian Biographical Dictionary (en) |
Traxectoria
Samuel Gottlieb Gmelin naceu en Tubinga no seo dunha coñecida familia de naturalistas. Seu pai era Johann Conrad Gmelin, un boticario e cirurxián, e era sobriño de Johann Georg Gmelin, que tamén era tío de Johann Friedrich Gmelin (o natutralista que publicou en Alemaña o Systema Naturae de Carolus Linnaeus).
Samuel obtivo o título de médico en 1763 na Universidade de Leiden á temperá idade de 18 anos. Mientras viviu nas Provincias Unidas, Gmelin amosou un grande interese polas algas mariñas. En 1766 fixo oposicións e gañou o posto de profesor de Botánica na Universidade de San Petersburgo.
Ao ano seguiente formou parte dunha expedición de estudos da Historia Natural do Imperio ruso, na que explorou as concas dos ríos Don e Volga, e as costas oeste e leste do mar Caspio. Mentres atravesaba o Cáucaso foi hospedado polo Khan Usmey de Khaiïtakes, e faleceu debido a un mal tratamento dunha enfermidade contaída estando cativo en Derbent. Tiña só 29 anos.[1]
Gmelin foi o autor de Historia Fucorum (1768), a primeira obra dedicada á bioloxía mariña, na que describe as algas e onde fai uso por primeira vez do sistema binomial de nomenclatura. Nesa obra incluíu elaboradas láminas con ilustracións de todo de algas mariñas que, na actualidade, non se conservan. Os resultados da súa expedición publicáronse en Reise durch Russland zur untersuchung der drey natur-reiche (Viaxes por Rusia para o estudo das tres provincias naturais) (1770-1784, 4 volumes). O volume final ía ser completado por Johann Anton Güldenstädt pero foi editado finalmente por Peter Simon Pallas despois da morte de Güldenstädt.[2]
Vida familiar
En 1772 casou con Anna von Chappuzeau, neta do famoso capitán de navío Xacobe Chappuzeau (Iákov Shapizo, en ruso Яков Шапизо), heroe da batalla da Illa de Saaremaa (Ösel) en 1719, cando comandaba o Raphail.
Distincións
Foi membro de:
- Academia das Ciencias de Rusia
- Academia das Ciencias de San Petersburgo
Abreviatura
A abreviatura S.G.Gmel. emprégase para recoñecer a Samuel Gottlieb Gmelin como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.