político turco From Wikipedia, the free encyclopedia
Sami Gündoğdu Süleyman Demirel, nado en Atabey o 1 de novembro de 1924 e finado en Ancara o 17 de xuño de 2015, máis coñecido como Süleyman Demirel, foi un político turco.[1] Chegou a ser primeiro ministro —sete veces entre 1965 e 1993— e presidente de Turquía (1993-2000), o noveno do país. Cando gañou as eleccións xerais de 1965 en Turquía, converteuse no segundo líder elixido democraticamente na historia turca.
Sendo electo como potencial primeiro ministro por Adnan Menderes, Demirel foi elixido como líder do Partido Xustiza en 1964 e organizou a caída de İsmet İnönü en 1965, malia non tratarse dun membro do parlamento nese tempo. Apoiou ao goberno de Suat Hayri Ürgüplü ata que o seu partido fíxose coa maioría parlamentaria nas eleccións xerais de 1965. Con iso formou o seu primeiro goberno substituíndo ao proscrito Partido Demócrata, e foi reelecto como primeiro ministro en 1969 tras gañar a maioría parlamentaria por segunda vez. A pesar de que as súas reformas controlaron o problema da inflación, renunciou ao cargo de primeiro ministro logo de que o orzamento fose bloqueado polo parlamento, pero pouco tempo despois conseguiu formar un terceiro goberno. Esta vez o seu mandato finalizou polo golpe de estado de 1971.
Demirel foi líder da oposición entre 1971 e 1975 antes de formar unha alianza de catro partidos para formar goberno, coñecido como Primeira Fronte Nacionalista, que colapsou en 1977. Xunto con outros partidos, formou un gabinete cunha alianza chamada Segunda Fronte Nacionalista en 1977, que caeu en 1978. Sendo minoría en 1979, non logrou ser electo presidente en 1980, levando isto ao golpe de estado de 1980 que lle prohibiu de exercer cargos políticos. No referendo de 1987, Demirel recuperou o dereito a participar activamente en política e asumiu o liderado do Partido Camiño Correcto. Gañou nas eleccións xerais de 1991 e formou unha coalición co Partido Socialdemócrata Populista (SHP), asumindo así o seu quinto e último mandato como primeiro ministro. Logo do repentino falecemento de Turgut Özal, Demirel presentouse nas eleccións presidenciais de 1993, converténdose así no presidente de Turquía até 2000. Con 10 anos e 5 meses, o tempo de Demirel como primeiro ministro é o máis longo da historia turca, logo de İsmet İnönü e Recep Tayyip Erdoğan.
Demirel naceu o 1 de novembro de 1924, en Atabey, un pobo na provincia de Isparta. Logo de terminar a escola primaria no seu pobo natal, realizou os estudos secundarios en Isparta e Afyon. Graduouse como enxeñeiro civil na Universidade Politécnica de Istambul en 1949.[2]
Predecesor: Turgut Özal |
Presidente de Turquía 1993 – 2000 |
Sucesor: Ahmet Necdet Sezer |
Predecesor: Suad Hayri Ürgüplü Sadi Irmak Bülent Ecevit Bülent Ecevit Mesut Yılmaz |
Primeiro ministro de Turquía 1965 - 1971 1975 - 1977 1977 - 1978 1979 - 1980 1991 - 1993 |
Sucesor: Nihat Erim Bülent Ecevit Bülent Ecevit Turhan Feyzioğlu Erdal İnönü |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.