doenza dixestiva de tipo funcional From Wikipedia, the free encyclopedia
A síndrome do intestino irritable ou colon irritable é unha patoloxía do aparello dixestivo caracterizada pola alteración funcional dos hábitos deposicionais e intestinais sen que estea xustificado por ningunha anomalía estrutural en ningún órgano[1]. Dado que non existe ningún marcador clínico, proba de imaxe ou calquera outro test diagnóstico, considérase unha doenza de exclusión[2] e o seu diagnóstico baséase nas manifestacións clínicas. O colon irritable diagnostícase en base a uns criterios clínicos establecidos que se coñecen coma Roma II. A prevalencia desta patoloxía abrangue entre o 10 e o 20 por cento da poboación mundial, cun claro predominio no sexo feminino.
Síndrome do intestino irritable | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | I09.0 |
DiseasesDB | 30638 |
MedlinePlus | 000246 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A síndrome do intestino irritable está asociada típicamente a outras doenzas funcionais, coma a cefalea tensional, a síndrome de fatiga crónica, a fibromialxia ou a cistite intersticial.
O síntoma principal e necesario para o diagnóstico de colon irritable é a dor ou as molestias abdominais. Esta dar de xeito típico adoita mellorar tras a defecación ou a expulsión de gases. Pode consistir tanto nunha dor constante e continua coma intermitente en forma de cólico. A dor empeora co estrés e coas comidas. Normalmente non se asocia desnutrición e o sono nocturno adoita ser respectado.a
Ademais da dor, poden coexistir e incluso intercalarse e episodios de estreñemento e diarrea. Cando se produce diarrea, esta pode ir acompañada de mucosidade, de xeito que o termo "colite mucosa" é un sinónimo moitas veces desta doenza.
En case a metade dos pacientes, ademais, pódense identificar síntomas do aparello dixestivo superior: náuseas, vómitos, refluxo gastroesofáxico ou dispepsia.
Non existe ningunha proba médica que diagnostique a síndrome do colon irritable. Os criterios diagnósticos son estritamente baseados na clínica e determinados por un comité de expertos, no que se denomina os Criterios de Roma II[3].
Criterios diagnósticos |
---|
Dor ou molestias abdominais persistentes no tempo (polo menos tres veces ao mes durante máis de tres meses). |
Polo menos dous das seguintes características: 1. Melloría da dor trala defecación. 2. Inicio relacionado con cambios na frecuencia das defecacións. 3. Inicio relacionado con cambios na consistencia ou forma das feces. |
A síndrome do colon irritable é unha doenza benigna, polo que comprería explicar e tranquilizar ao paciente o curso da enfermidade. Dado que os pacientes adoitan a estar preocupados e que o estrés emocional inflúe nesta doenza, a correcta educación sanitaria pode mellorar os síntomas[4].
Outro piar terapéutico radica nos cambios de estilo de vida, sobre todo no exercicio e na alimentación. A dieta libre de glute, baixa en FODMAPs ou rica en fibra poderían mellorar os síntomas de colon irritable.[5]
Non existe ningún tratamento específico para o colon irritable. As posibles opcións terapéuticas dependerán dos síntomas que manifeste o paciente e irán encamiñadas ao tratamento específico destes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.