Río Kagera
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Kagera é un río da África oriental, o maior tributario do lago Vitoria e un dos ríos da cabeceira do río Nilo. O río forma fronteira natural entre Tanzania e Ruanda e, tamén, entre Tanzania e Uganda. Ten unha lonxitude, sen incluír as súas fontes, de 400 km.[1]
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | África | |||
Final | ||||
Localización | Lago Vitoria | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | Conca fluvial do Nilo | |||
Características | ||||
Dimensións | 400 () km | |||
Atravesa | Burundi, Ruanda, Tanzania e Uganda | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 60.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 349 m³/s | |||
O río nace no Monte Heha, en Burundi. Nos seus inicios é coñecido como río Rukarara, aparecendo en Ruanda, cerca do extremo norte do lago Tanganica, no corazón do bosque tropical de Nyungwe, na provincia Occidental. O río cambia varias veces de nome segundo descende e vai incorporando afluentes: primeiro leva o nome de Mwogo, logo o de Nyabarongo; ao confluír o Nyabarongo co Akanyaru dá lugar ao nacemento do río Akagera, e, despois, ao recibir este pola dereita o río Ruvubu, dá lugar ao río Kagera.
O Kagera flúe cara ao norte, constituíndo durante a primeira metade do seu percorrido a fronteira natural entre Tanzania e Ruanda. Neste primeiro tramo, o río forma primeiro o límite occidental da reserva tanzana de Rusuma Falls-Burigi Game, e, máis adiante, durante un largo tramo, o límite oriental do ugandés Parque Nacional Akagera, que leva ese polo río.
Cerca de Kagitumba, o río cambia repentinamente de dirección cara ao leste, nun punto no que hai unha trifronteira entre Ruanda, Tanzania e Uganda. Segue cara ao leste, sendo a fronteira tanzano-ugandesa. Logo describe unha ampla curva cara ao sur adentrándose no territorio tanzano e de novo volve, xa no seu tramo final, a ser fronteira entre Tanzania e Uganda. Desemboca finalmente no lago Vitoria pola parte central da beira occidental, a uns 40 km ao norte da cidade de Bukoba.
A súa cabeceira é a fonte do río Nilo máis afastada do mar Mediterráneo.
O río Kagera e os seus afluentes drenan a maior parte do territorio de Ruanda. Os principais afluentes do río son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.