From Wikipedia, the free encyclopedia
Ríkisútvarpið (en galego "Radiodifusión"), tamén coñecido polas súas siglas RÚV, é a organización nacional de radiodifusión pública de Islandia. Foi fundada en 1930 e actualmente xestiona dúas emisoras de radio e unha canle de televisión. É membro activo da Unión Europea de Radiodifusión desde 1956 e tamén forma parte da rede Nordvision.
Ríkisútvarpið | |
---|---|
Inicio das emisións | 1930 |
País | Islandia |
Lingua | islandés |
Sede central | Reiquiavik |
Na rede | |
www.ruv.is | |
En 1930 o Goberno de Islandia creou Ríkisútvarpið, ente público de radio que puxo en marcha a súa primeira emisora de radio (actual Rás 1) o 20 de decembro do mesmo ano.[1] Nos seus inicios emitía durante unhas poucas horas, ata que en 1932 a programación ampliouse á franxa nocturna.[1] En 1983 creouse unha segunda canle de radio, Rás 2.[1]
Doutra banda, a televisión non se puxo en marcha ata o 30 de setembro de 1966 coa primeira emisión regular da primeira canle Sjónvarpið. En 1973 comezouse a emitir en cor e adoptouse por completo este sistema en 1976. Nos seus primeiros anos só emitía os mércores e os venres. Aos poucos foi aumentando a programación ata cubrir toda a semana salvo os xoves, situación que se mantivo ata o 1 de outubro de 1987.[1] A actividade tampouco era total durante todo o ano, xa que ata 1983 non emitía no mes de xullo.[1]
O maior impulso ao labor da organización foi grazas ao satélite; desde 1982 podíase acceder a transmisións en vivo de programas e acontecementos do resto de Europa. En 1986 produciuse o debut de Islandia no Festival da Canción de Eurovisión e en 1991 estreouse un servizo de teletexto (Textavarp).[1]
RÚV mantivo o monopolio sobre a radio e televisión ata 1985, cando o Goberno permitiu a entrada de empresas privadas cunha lei de radiodifusión comercial que se puxo en marcha en 1986.
Ríkisútvarpið é unha empresa pública estatal, con sede en Reiquiavik. Réxese pola Lei de Radiodifusión islandesa de 1985.
A empresa finánciase coa recadación dun imposto específico e a venda de espazos publicitarios. Ao ser independente do estado no económico, os beneficios que obtén só poden servir para labores de radiodifusión. De acordo á Lei de Radiodifusión, o propósito de RÚV é promover a lingua, historia e herdanza cultural islandesa. Ademais, debe garantir os valores democráticos, os dereitos humanos e a liberdade de expresión e opinión.[2]
As estacións tamén poden escoitarse a través do mundo igual que outras cadeas internacionais, malia estar creadas para ocupar o territorio islandés.
Tamén está presente a emisora dixital Roldó, que emite música clásica e jazz as 24 horas do día.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.