From Wikipedia, the free encyclopedia
Roy Chapman Andrews, nado en Beloit (Wisconsin), en 1884 e finado en Carmel-by-the-Sea (California), en 1960, foi un explorador e zoólogo norteamericano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1884 Beloit, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 11 de marzo de 1960 (76 anos) Peninsula Community Hospital, Estados Unidos de América (en) |
Lugar de sepultura | Oakwood Cemetery (en) |
Presidente The Explorers Club (pt) | |
1931 – 1934 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Columbia Beloit College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía |
Ocupación | explorador, escritor, paleontólogo, zoólogo |
Empregador | Museo Americano de Historia Natural |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Andrews |
Familia | |
Cónxuxe | Yvette Borup Andrews |
Parentes | Kevin Andrews, fillastro |
Premios | |
| |
Páxina web | roychapmanandrewssociety.org |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
En 1906 despois de se graduar e co diñeiro que aforrara traballando como taxidermista marchou a Nova York para de traballar no Museo de Historia Natural Americano, ao tempo que estudaba bioloxía na Universidade de Columbia. Entre 1909 e 1910 viaxou no USS Albatross ás Indias Orientais, coleccionando serpes e lagartos e observando os mamíferos mariños.
Entre 1916 e 1917 Andrews e a súa muller, Yvette Borup Andrews dirixiron a Expedición zoolóxica asiática do Museo de Historia Natural Americana, percorrendo Yunnan e outras provincias chinesas. O libro Camps and Trails in China, recolle as súas experiencias.
En 1922 dirixe a expedición a Mongolia, onde descobre os restos dun Rinoceronte Xigante (Baluchitherium) que envía ao Museo de Historia Natural Americano. O 13 de xullo de 1923 a súa expedición foi a primeira no mundo en descubrir ovos de dinosauro, ao primeiro pensouse que eran de protoceratops, pero de feito eran de Oviraptor philoceratops. En 1923 un integrante da expedición descubriu unha caveira do Cretáceo. Expedicións pararon en 1926 e 1927, e finalmente en 1929 cancelouse a expedición . En 1930 fixo unha viaxe final e descubriu algúns fósiles de mastodonte, nese mesmo ano volveu aos Estados Unidos.
Nomeado director do Museo de Historia Natural Americano en 1934. En 1942 retirouse e dedicouse a escribir.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.