Rosaura López

escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Rosaura López Lorenzo, nada en Pontevedra o 16 de marzo de 1932 e finada ibídem o 19 de setembro de 2005, foi unha asistenta galega que traballou para John Lennon e Yoko Ono no seu apartamento do edificio Dakota (Nova York) entre 1973 e 1980.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Rosaura López
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1932
Pontevedra, España
Morte19 de setembro de 2005 (73 anos)
Pontevedra, España
Actividade
Ocupaciónescritora
Pechar

Traxectoria

En 2005, escribiu un libro en castelán reflectindo este período: En casa de John Lennon, publicado por Hércules Ediciones. O libro contén fotos de John, Yoko e Sean xunto con algunhas postais que John e Yoko lle enviaron, xunto con algunhas anécdotas.[2]

Rosaura chegou a Queens (Nova York) en 1962 co seu marido Secundino e en 1970, empezou traballo como limpadora no Dakota. Cando Lennon chegou en 1973, os seus servizos foron incluídos como parte do paquete de alugueiro.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.