actriz e humorista catalá From Wikipedia, the free encyclopedia
Rosa Maria Sardà Tàmaro, nada en Barcelona o 30 de xullo de 1941 e finada en Barcelona o 11 de xuño de 2020, foi unha actriz, humorista, presentadora e directora teatral catalá. Comezou como actriz cómica, rexistro que nos últimos anos combinou co de intérprete dramática en castelán e en catalán.
Rosa Maria pertence a unha familia de persoas do espectáculo: estivo casada co tamén actor Josep Maria Mainat, membro do trío cómico La Trinca, e é irmá máis vella do xornalista Xavier Sardà.[1] Ten tres irmáns máis novos, un deles, faleceu por causa da sida nos anos 1980.[2] Ten un fillo actor, Pol Mainat,[3] co que coincidiu en Abuela de verano.
De formación autodidacta, empezou a facer teatro de afeccionados no barrio de Horta. En 1962 pasou ao teatro profesional, á compañía de Dora Santacreu e Carlos Lucena, coa obra Cena de matrimonios, de Alfonso Paso e, desta mesma compañía, pasou á de Alejandro Ulloa e, posteriormente, tamén á de Pau Garsaball, coa obra En Baldiri de la Costa.
Con posterioridad, deu o salto no campo televisivo (en 1975, protagoniza Una vella, coneguda olor, baseada na obra de Josep Maria Benet, e 1979 presenta o programa Festa amb Rosa Maria Sardà) e o cinematográfico (con El vicario de Olot, de Ventura Pons).
Salientou no cinema nos últimos anos da década de 1980, época na que participou en filmes como Moros y cristianos (1987), de Luis García Berlanga,[1] e en programas para televisión en España como Olé tus vídeos e Ahí te quiero ver, onde ademais de presentar, elaborou e supervisou os guións e dirixiu e interpretou os diferentes sketchs,[4] e fixo o seu debut como directora de teatro con Ai carai! (1989), comedia do dramaturgo Josep Maria Benet.[5]
Na década de 1990 traballou con Fernando Colomo en El efecto mariposa, con Ventura Pons en Carécies e Amic/Amat, con Francesc Betriu en La duquesa roja e con Fernando Trueba en La niña de tus ojos, sendo candidata ao Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria, premio que gañaría dúas veces por ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo?, de Manuel Gómez Pereira, e Sin vergüenza, de Joaquín Oristrell.[6]
Ademais, ten sido mestra de cerimonias dos Premios Goya en tres ocasións, en 1993, 1998 e 2001 e reapareceu como presentadora ao final da Gala de 2009 e 2010.
Nos últimos anos a súa carreira ten estado máis ligada ao teatro, onde salientan varios papeis como o da doutora Vivan Bearing en Wit (2004), de Margaret Edson e n'A casa de Bernarda Alba (2009), de Federico García Lorca, interpretando o papel de Poncia xunto a Núria Espert.
Con todo, seguiu participando en filmes tan recoñecidos como Todo sobre mi madre (1999) de Pedro Almodóvar, Te doy mis ojos (2003) de Icíar Bollaín e Ocho apellidos catalanes (2015) de Emilio Martínez-Lázaro.
Lista incompleta[7]
Ano | Categoría | Filme | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
1993 | Mellor interpretación feminina secundaria | ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo? | Gañadora | [6] |
1998 | Mellor interpretación feminina de elenco | La niña de tus ojos | Candidata | |
2001 | Mellor interpretación feminina de elenco | Sin vergüenza | Gañadora | |
Ano | Categoría | Filme/TV/Montaxe | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
1982 | Mellor labor teatral | Duet per a violí Yo me bajo en la próxima, ¿y usted? | Candidata | [8] |
1984 | Mellor intérprete de televisión | Ahí te quiero ver | Candidata | |
1993 | Mellor actriz de cinema | La fiebre del oro | Finalista | |
2003 | Mellor actriz de teatro | Wit | Gañadora | |
2005 | Mellor actriz de televisión | Abuela de verano | Candidata | |
Ano | Categoría | Filme/TV/Montaxe | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
1998 | Mellor interpretación secundaria de cine | La niña de tus ojos | Candidata | [8] |
1999 | Mellor interpretación secundaria de cinema | Todo sobre mi madre | Candidata | |
2001 | Mellor interpretación de elenco de cinema | Sin vergüenza | Gañadora | [9] |
2005 | Mellor actriz protagonista de televisión | Abuela de verano | Candidata | [10] |
2009 | Mellor actriz protagonista de teatro | A casa de Bernarda Alba | Gañadora | [11] |
Ano | Categoría | Filme | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
2001 | Mellor actriz secundaria | Sin vergüenza | Candidata | [8] |
Ano | Categoría | TV | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
2001 | Mellor interpretación feminina | Las amargas lágrimas de Petra von Kant | Candidata | [8] |
2002 | Mellor interpretación feminina | Una pareja abierta | Candidata | |
Ano | Categoría | TV | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
1984 | Mellor presentadora | Ahí te quiero ver | Gañadora | [8] |
Ano | Categoría | Filme/Montaxe | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
1997 | Mellor actriz catalá de cine | Actrices (ex aequo) | Gañadora | [8] |
1998 | Mellor actriz catalá de cine | Caricias | Candidata | |
2002 | Mellor actriz catalá de cine | A mi madre le gustan las mujeres | Candidata | |
2004 | Mellor actriz catalá de teatro | Wit | Gañadora | |
2009 | Mellor actriz catalá de teatro | A casa de Bernarda Alba | Candidata | |
Ano | Categoría | Filme | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
2001 | Premio Jameson do público á mellor actriz europea | Anita no pierde el tren | Candidata | [8] |
Ano | Categoría | Filme | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
2010 | Violette d'Or á mellor actriz | La vida empieza hoy (ex aequo) | Gañadora | [15] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.