From Wikipedia, the free encyclopedia
O rorcual boreal,[2] Balaenoptera borealis Lesson, 1828, é unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos.
Rorcual boreal Balaenoptera borealis | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
En perigo | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Balaenoptera borealis Lesson, 1828 [1] | |||||||||||||||||||||||||
Distribución de Balaenoptera borealis | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Despois de ser cazado a grande escala nos mares do sur a mediados do século XX, época na que se mataron uns 200 000 exemplares, o rorcual boreal é hoxe unha especie protexida internacionalmente.
A primeira descrición desta especie débese a René Primevère Lesson, en 1828, en Histoire naturelle générale et particulière des Mammifères et des Oiseaux découverts depuis 1788 jusqu'à nos jours. París: Baudoin Frères, 1: 342.[3]
Pero fora recoñecida pouco antes (1822) por Karl Asmund Rudolphi, como Balaena rostrata,[4] de maneira que nos países anglosaxóns este catáceo se denomina ás veces como Rudolphi's rorqual,[5] e nos países francófonos como rorqual de Rudolphi.[6]
Ademais de polo nome que lle deu Lesson, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[4]
Identificáronse dúas subespecies:[3]
As análises xenéticas poden aínda causar que ambas as subespecies sexan reclasificadas como especies diferentes.[3]
Na bibliografía en varios idiomas, incluídos o castelán e o portugués, a especie adoita denominarse, ademais de por outros nomes, como rorcual sei (castelán) ou baleia-sei (portugués), que son adaptacións do seu nome inglés, sei whale, que provén do noruegués seikval ou seihval: Sei significa nos idiomas escandinavos "abadexo", peixe similar ao bacallau, e val, ou hval, "balea". Os rorcuais boreais aliméntanse de bacallaus xuvenís, entre outras especies de pequenos peixes e de cefalópodos, nas augas de Noruega, polo que estes peixes e as baleas frecuentemente eran vistos xuntos, dando ao rorcual ese nome.
Na bibliografía dispoñíbel, ademais do nome inicialmente proposto pola Sociedade Galega de Historia Natural, na súa provisoria Lista patrón dos vertebrados de Galicia publicada no Tomo I, O Medio, da inacabada Xeografía de Galicia dirixida por Pérez Alberti,[2] que é o adoptado aquí, esta especie aparece denominada con outros dous nomes galegos ben diferentes:
Diferentes non polos nomes rorcual e balea, que se poden considerar como sinónimos válidos, senón polo común "apelido" de pintas, que se afasta dos normalmente empregados na bibliografía internacional na que, ademais de ser coñecido como rorcual sei (ou equivalentes) prefírese a adaptación do nome científico específico, borealis,[11] como no seu día fixera a SGHN.
Habitante da todos os océanos do planeta, especialmente en mar aberto e en zonas de augas profundas,[12] evita as augas polares e tropicais, así como os mares intracontinentais, semipechados. Efectúa unha migración anual desde os mares subpolares fríos en verán, cara aos mares subtropicais temperados en inverno, e viceversa, aínda que non se coñecen de forma precisa as súas rutas migratorias na maior parte das rexións do globo.[13]
O rorcual boreal é, despois da balea azul e do rorcual común, o terceiro balenoptérido máis grande do mundo.[14]. Estas baleas alcanzan unha lonxitude de 20 m e un peso de 45 t.[13]
Un rorcual boreal inxire diariamente unha media de 900 kg de alimento, composto esencialmente por copépodos, krill e outras formas de zooplancto.[15]
Os rorcuais boreais están entre os cetáceos máis rápidos, cunha velocidade que pode superar os 50 km/h en distancias curtas.[15]
A intensa caza industrial a que foi sometida a especie, especialmente entre finais do século XIX e a primeira metade do XX, case a fixo desaparecer; neses anos capturáronse uns 238 000 individuos.[16]
Na actualidade, case ao bordo da extinción, o rorcual boreal é unha especie protexida internacionalmente.[17]
A UICN, en 2008, debido que a causa da drástica redución da poboación desta especie por mor da caza comercial é probabelmente irreversíbel, aínda tendo en conta que na actualidade xa non se practica a caza. Por esta razón, a especie foi avaliada como "EN" (en perigo).[17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.