Ronseltz
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ronseltz foi un grupo poético formado na Coruña entre 1984 e 1985[1] por Xoán C. Rodríguez, Manuel Cortés, Miguel A. Montes (Miki Nervio), Serxio Iglesias e Xabier Cordal. O colectivo foi abandonando toda actividade nos inicios da década dos noventa. En 1994 Edicións Positivas publicaría Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, única obra do grupo, reeditada en 2014.[2]
Ronseltz | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
Nos inicios participaron tamén o artista plástico XAMS[3], Roberto Salgueiro e Júrgio Valinhas. Ronseltz deuse a coñecer mediante recitais en varios puntos dentro e fóra de Galicia e publicou tres revistas[4] co mesmo nome entre 1985 e 1987. A súa posta en escena oscilaba entre o humor posmoderno e a provocación punk.[5] Coa palabra como referente case único, Ronseltz utilizaba ocasionalmente, non sen ironía, referencias á vangarda[6] e medios propios da performance.
Algunhas revistas, como O Mono da Tinta, Luzes de Galiza ou A Trabe de Ouro, incluíron textos de Ronseltz. Porén, a publicación de Unicornio de cenorias... supuxo, co grupo xa desaparecido, a difusión nacional do seu papel na revitalización da poesía dos 80, ancorada maioritariamente en fórmulas rituais[7] e contido neodecadentista. Así foi recoñecido por poetas de xeracións posteriores[8][9][10][11].
Todos os membros do grupo continuaron en solitario actividades literarias, artísticas e musicais.
Publicacións
- Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (Positivas, 1994)
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.