Ronald Ross

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ronald Ross

Sir Ronald Ross, nado en Almora (India) o 13 de maio de 1857 e finado en Londres o 16 de setembro de 1932, foi un naturalista, médico, matemático, zoólogo, entomólogo escocés, quen relacionou a malaria cos mosquitos.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Estudou medicina no Hospital de St. Bartholomew de Londres. Médico militar en 1881, once anos despois comezou a investigar a transmisión e o control da malaria. Mentres dirixía unha expedición por África Occidental en 1889, identificou a presenza de mosquitos portadores da enfermidade e organizou o seu exterminio a grande escala.

En 1895 Ross puxo en marcha unha serie de experimentos que demostraron que a malaria é transmitida por mosquitos; descubriu tamén o ciclo vital do parasito da malaria no mosquito Anopheles. Por este descubrimento foi galardoado en 1902 co Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina.

En 1913 foi nomeado médico de enfermidades tropicais do King's College Hospital, en Londres. Pouco despois foi nomeado director xefe do Instituto e Hospital para Enfermidades Tropicais Ross de Londres. Ross foi elixido membro da Royal Society en 1901 e nomeado Sir en 1911.

Tamén publicou poemas, novelas e estudos matemáticos.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.