Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Roland Barthes, nado en Cherbourg o 12 de novembro de 1915 e finado en París o 25 de marzo de 1980, foi un escritor e semiólogo francés.
A súa infancia transcorreu en Baiona, e á idade de dez anos trasladouse a París. Realizou os seus estudos no Liceo Louis-le-Grand e na Facultade de Letras da Universidade de París. Alí titulouse en Letras Clásicas (1939) e Gramática e Filosofía (1943), mais despois tivo que interromper as súas actividades durante varios anos por mor dunha enfermidade.
Foi lector (profesor nativo) de francés en Alexandría e en Bucarest. Despois da Segunda guerra mundial, entre 1952 e 1959, traballou no Centro Nacional da Investigación Científica (CNRS), en París. Finalmente, foi nomeado xefe de Traballos de Investigación e, en 1962, xefe de estudos da Escola Práctica de Altos Estudos, organismo onde se adicou á investigación acerca da socioloxía dos símbolos, os signos e as representacións.
En 1967 escribiu a súa obra máis coñecida, o ensaio A morte do autor, e tres anos máis tarde a que moitos consideran a súa obra máis prodixiosa: S/Z. Durante a década de 1970 continuou desenvolvendo a súa crítica literaria, buscando novos ideais de textualidade e neutralidade novelística a través das súas obras.
Barthes morreu en 1980 tras ser atropelado por unha camioneta de lavandería na rúa das Écoles, xusto fronte á Sorbona, mentres regresaba dunha comida que tivera con François Mitterrand, e que a prensa ocultou para evitar que acusasen o político de gafe.
É parte da escola estruturalista, influenciado polo lingüista Ferdinand de Saussure, e crítico dos conceptos teóricos complexos que circularon dentro dos centros educativos franceses nos anos 50.
A súa produción literaria experimentou diversas evolucións: dende unhas orixes sartrianas extremas, desenvolveu despois unha investigación propiamente semiolóxica, cun interese especial pola lingüística. Durante un tempo interesouse polo campo chamado "texto": a obra literaria considerada dende diversos puntos de vista, nunca unilateralmente, e que implicaba, ou ben unha filosofía do suxeito de tipo psicanalítica, ou ben unha filosofía da sociedade de tipo marxista ou política.
A Galicitas posúe citas sobre: Roland Barthes |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.