mestre e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Rodrigo Álvarez Gantes, nado en Ponteceso o 27 de maio de 1904[1] e finado en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1937, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1904 Ponteceso, España |
Morte | 23 de febreiro de 1937 (32 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Partido político | Izquierda Republicana |
Lingua | Lingua galega |
Fillo do garda civil Domingo Álvarez Fernández, natural do Navallo (provincia de Ourense), e de Carmen Gantes Palleiro, natural de San Cristovo. Trasladouse coa familia a Santiago de Compostela, onde estudou Maxisterio na Escola Normal.
Foi mestre de Meixide (Palas de Rei) ata 1934. Destinado na escola de pósito de pescadores de Escarabote, militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto e, posteriormente, detido co tamén mestre José Caballero Rubio. Foi xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra e condenado a morte. Foi fusilado o 23 de febreiro de 1937 xunto co seu compañeiro de corporación Juan Outeiral. Con eles tamén foron fusilados José Maceiras Vilasoa, Santiago Miranda Lapido, Ramón Lojo Agrelo, Bautista Torrado Rivadulla e Braulio Castro Gallardo.
O seu irmán Enrique, que exercía como mestre en Carballo foi destituído o 17 de agosto de 1938, e a súa irmá Clarisa, mestra de Landeira (Negreira), foi suspendida de emprego e soldo por seis meses.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.