From Wikipedia, the free encyclopedia
Rocky IV é un filme estadounidense dirixido, escrito e protagonizado por Sylvester Stallone que se estreou en 1985. Cuarta parte da saga cinematográfica de Rocky. Estreouse en galego na TVG o 18 de decembro de 2009.[2]
Rocky IV | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rocky IV |
Director | Sylvester Stallone |
Produtor | Robert Chartoff Irwin Winkler |
Guión | Sylvester Stallone |
Baseado en | Robert Chartoff Irwin Winkler |
Intérpretes | Sylvester Stallone Dolph Lundgren Burt Young Talia Shire Carl Weathers Tony Burton Brigitte Nielsen Michael Pataki |
Música | Vince DiCola Bill Conti |
Fotografía | Bill Butler |
Montaxe | John W. Wheeler Don Zimmerman |
Estudio | United Artists |
Distribuidora | MGM/UA Entertainment Company |
Estrea | 27 de novembro de 1985 18 de decembro de 2009 (TVG) |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $28 000 000[1] |
Recadación | $300 473 716 |
Filme anterior | Rocky III |
Filme seguinte | Rocky V |
Na rede | |
http://www.mgm.com/title_clip.do?title_star=ROCKYIV | |
Rocky Balboa é un campión de boxeo aclamado que vive na súa mansión e non ten dúbida de que é o número un, pero esta tranquilidade vese alterada cando unha compañía rusa proponlle unha pelexa contra o seu novato Ivan Drago, un boxeador que é medallista de ouro olímpico, que posúe un récord invicto de 100 vitorias afeccionadas e que a base de anabolizantes e outras substancias ten unha puñada moito máis poderosa que a de calquera outro boxeador. O retirado Apollo Creed acepta o combate no canto do seu amigo Rocky para recuperar o seu orgullo como ex campión. No combate, Apollo cae fulminado polos incribles golpes de Drago e morre enriba da lona. Ante este feito, Rocky decide aceptar o combate para vingar a memoria do seu amigo, polo que se traslada a Rusia para adestrar duramente para o combate e derrotar a Drago.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.