Robin McLaurin Williams, nado en Chicago, Illinois o 21 de xullo de 1951 e finado en Paradise Cay, California o 11 de agosto de 2014, foi un comediante e actor estadounidense. Acadou a fama co papel do alieníxena Mork na Mork & Mindy (1978–1982), e labrou unha exitosa carreira como cómico e actor de cine. A súa carreira cinematográfica inclúe filmes como The World According to Garp (1982), Good Morning, Vietnam (1987), Dead Poets Society (1989), Espertares (1990), The Fisher King (1991) e Good Will Hunting (1997), así como éxitos de recadación como Popeye (1980), Hook, o capitán Garfo (1991), Aladdin (1992), Mrs. Doubtfire (1993), Jumanji (1995), Unha gaiola de grilos (1996), Night at the Museum (2006), Happy Feet (2006), e Happy Feet Two (2011). Tamén apareceu no "Don't Worry, Be Happy" de Bobby McFerrin.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Robin Williams (2011) |
|
| Nacemento | (en) Robin McLaurin Williams 21 de xullo de 1951 Chicago, Estados Unidos de América |
|---|
| Morte | 11 de agosto de 2014 (63 anos) Tiburon, Estados Unidos de América (pt) |
|---|
| Causa da morte | suicidio, enforcamento |
|---|
| Lugar de sepultura | Baía de São Francisco (pt) |
|---|
| Residencia | Sea Cliff (en) Paradise Cay (pt) Chicago Bloomfield Hills San Francisco |
|---|
| Relixión | Igrexa episcopal nos Estados Unidos |
|---|
| Educación | Escola Juilliard (1973–1976) Redwood High School (en) (–1969) College of Marin (en) - teatro Detroit Country Day School (en) Claremont McKenna College (en) - ciencia política Durham College (en) |
|---|
|
| Campo de traballo | Actuación e dobraxe |
|---|
| Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
|---|
| Ocupación | monologuista, guionista, narrador de audiolibros, actor de teatro, actor de dobraxe, produtor de cinema, actor, humorista, actor de televisión, actor de cinema, mimo |
|---|
| Período de actividade | 1972 - 2014 |
|---|
| Membro de | |
|---|
| Influencias | |
|---|
| Patrimonio estimado | 100.000.000 $ (agosto de 2014) |
|---|
| Selo discográfico | Columbia Records |
|---|
|
| Cónxuxe | Susan Schneider (2011–2014), morte da persoa Marsha Garces (1989–2010), divorcio Valerie Velardi (1978–1988), divorcio |
|---|
| Fillos | Zachary Williams () Valerie Velardi Zelda Williams () Marsha Garces Cody Williams () Marsha Garces |
|---|
| Pais | Robert Williams e Laura McLaurin |
|---|
| Irmáns | Robert Williams |
|---|
|
|
| 2009 | heart surgery (en) |
| 2006 | intervenção psicológica (pt)
|
|
|
|
- (2009) Lendas Disney
- (2005) Premio Cecil B. DeMille
- (2003) Grammy Award for Best Comedy Album (en)
- (2003) Premio Saturn ao mellor actor, premiado polo traballo One Hour Photo
- (23 de marzo de 1998) Óscar ó mellor actor secundario, premiado polo traballo Good Will Hunting
- (1998) Premio do Sindicato de Actores ao mellor actor secundario, premiado polo traballo Good Will Hunting
- (1997) Premio do Sindicato de Actores de Cinema ao mellor elenco, premiado polo traballo Unha gaiola de grilos
- (1997) Premio do Sindicato de Actores de Cinema ao mellor elenco, premiado polo traballo Unha gaiola de grilos
- (1994) Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical, premiado polo traballo Mrs. Doubtfire
- (1994) vencedores do MTV Movie Award de melhor comediante (pt) , premiado polo traballo Mrs. Doubtfire
- (1993) vencedores do MTV Movie Award de melhor comediante (pt) , premiado polo traballo Aladdin
- (1993) Premio Saturn ao mellor actor secundario, premiado polo traballo Aladdin
- (1992) Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical, premiado polo traballo The Fisher King (pt)
- (1991) Jane Fonda Humanitarian Award (en)
- (1990) National Board of Review ao mellor actor, premiado polo traballo Espertares
- (1989) Grammy Award for Best Comedy Album (en) , premiado polo traballo Good Morning, Vietnam
- (1989) Grammy Award for Best Album for Children (en) , premiado polo traballo Pecos Bill (pt)
- (1988) Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical, premiado polo traballo Good Morning, Vietnam
- (1988) Grammy Award for Best Comedy Album (en) , premiado polo traballo A Night at the Met (en)
- (1988) Primetime Emmy Award for Individual Performance in a Variety or Music Program (en)
- (1987) Primetime Emmy Award for Individual Performance in a Variety or Music Program (en) , premiado polo traballo Carol, Carl, Whoopi and Robin (en)
- (1980) Grammy Award for Best Comedy Album (en)
- (1979) Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical, premiado polo traballo Mork & Mindy (pt)
- estrela no Paseo da Fama de Hollywood
|
|
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|---|
| Sitio web | robinwilliams.com |
|---|
|
Pechar
Nomeado ó Óscar ó mellor actor por tres veces, Williams recibiu o Óscar ó mellor actor secundario pola súa interpretación en Good Will Hunting. Tamén gañou dous Premios Emmy, catro Globos de Ouro, dous Premios Screen Actors Guild e cinco Premios Grammy.[1][2]
O 11 de agosto de 2014, Williams foi atopado inconsciente na súa residencia do Paradise Cay, California e foi declarado morto no lugar. Segundo a oficina do forense do Condado de Marin, a causa da morte foi suicidio por asfixia.[3]