Robin Hood foi un arquetípico heroe e foraxido do folclore inglés medieval. Segundo a lenda, Robin Hood era un home chamado Robin Longstride ou Robin de Locksley, quen era de gran corazón e vivía fora da lei, agochado no Bosque de Sherwood e de Barnsdale, preto da cidade de Nottingham. Hábil arqueiro, defensor dos pobres e oprimidos, loitaba contra o shériff de Nottingham e o príncipe Juan sen Terra, que utilizaban a forza pública para acaparar ilexitimamente as riquezas dos nobres que se lles opuñan. Na Inglaterra medieval , todo individuo que se opuña ós edictos reais era considerado un foraxido.

Estatua de Robin Hood no Memorial de Nottingham.

Argumento de Robin Hood

Roberto Fitz Ooth vai casar coa fermosa Mariana Gilewater, filla do barón de Arlongford. Pero a cerimonia é interrompida por unha banda de soldados do Príncipe Xoán irrompendo na capela e declara a Roberto Fitz Ooth "un home fora da lei". Este consegue fuxir cos seus fieis amigos e compañeiros e refúxiase no bosque de Sherwood, converténdose así en Robin Hood.

Mariana, encerrada co seu propio pai, escapa e reúnese co seu noivo, seguida polo cura-confesor, o Irmán Miguel, que cambiará de nome despois. Namentres, o príncipe Xoán namórase de Mariana, búscaa desesperadamente e queima o castelo do seu pai. Despois de numerosas aventuras no bosque, Robin Hood e os seus amigos atopan un cabaleiro descoñecido: o Rei Ricardo, que volve de Terra Santa. Devolve os seus títulos nobiliarios a Robin e ós demais perseguidos e permite que case coa súa amada.

Filmografía

Thumb
Douglas Fairbanks como Robin Hood.

Algunhas adaptacións ó cine foron:

  • Curtametraxe de cine mudo titulada Robin Hood and his Marry Men (1908) dirixido por Percy Stow.
  • Cine mudo Robin Hood outlawed (1912), produción británica.
  • Cine mudo Robin Hood (1912), versión norteamericana con Robert Frazer.
  • Cine mudo In the days of Robin Hood (1913), versión norteamericana.
  • Robin Hood (1973), debuxos animados producidos polos estudios Disney. Os personaxes son todos animais que habitan o bosque de Sherwood. Robin é un raposo.
  • Robin Hood, príncipe dos ladróns (1991), de Kevin Reynolds e protagonizada por Kevin Costner.
  • Robin de Locksley (1996) protagonizada por Devon Sawa.
  • Back to Sherwood (1999), serie de TV de produción canadense.
  • Robin Hood, Prince of Sherwood (2008), filme producido para TV.
  • Beyond the Sherwood Forest (2009) con Robin Dunne e Erica Durance.
  • Robin Hood, de Ridley Scott, con Russell Crowe, 2010.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.