Roberto de Hauteville, máis coñecido como Roberto Guiscardo, ou Robert Guiscard (Roberto o Astuto), en latín Robertus Guiscardus ou Viscardus, nado contra 1025 en Hauteville-la-Guichard (hoxe no departamento de Mancha (Normandía) e finado o 17 de xullo de 1085 na illa de Cefalonia (Grecia), foi un aventureiro normando.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar

Era o sexto fillo de Tancredo de Hauteville, conde de Hauteville-la-Guichard, e primeiro da súa segunda esposa Fresenda (ou Fressenda, ou Fredesenda). En 1057, á morte do seu irmán Hunifredo foi conde de Puglia e Calabria. Pouco despois, en 1059, o papa Nicolao II investiuno como duque de Puglia e Calabria e Sicilia.

Traxectoria

Thumb
Moeda de Robert Guiscard.

Coma outros moitos cabaleiros normandos empobrecidos, Guiscard marchou a Italia, a onde chegou cara ao ano 1046. Despois de servir nas forzas do Príncipe de Capua, organizou un exército para crear as súas propias posesións en Calabria.

Cando o papa León IX intentou expulsar aos normandos de Italia en 1053, Guiscard tivo un importante papel na derrota das tropas do papa en Civitate, localidade próxima á actual cidade de San Severo. Á morte do seu irmán máis vello Unfredo, Robert converteuse en líder dos normandos establecidos en Italia. O papa, que buscaba independizarse do Sacro Imperio Romano Xermánico, decidiu aliarse aos normandos. En 1059 o papa Nicolao II nomeou a Robert pola graza de Deus e de San Pedro, duque de Puglia e Calabria e de aquí en diante, coa súa axuda, duque de Sicilia. A cambio, Robert Guiscard reconoceu ao papa como o seu señor feudal.

Nesa época, Sicilia estaba en mans dos bizantinos, polo que el e o seu irmán Roxerio se embarcaron nunha serie de campañas militares e conquistaron Messina no ano 1061 e Palermo no 1072. Despois dirixiu a súa atención cara aos Balcáns, e en 1081 obtivo unha gran vitoria sobre o emperador bizantino Aleixo I Comneno en Durrës (Durazzo), Albania. Entre tanto, as súas campañas en Macedonia e en Tesalia foron dirixidas polo seu fillo Bohemundo I.

Roberto foi chamado en 1083 para que acudise en auxilio do papa Gregorio VII, que estaba asediado no castelo Sant'Angelo por Henrique IV, emperador do Sacro Imperio, polo que tivo que abandonar as súas vitoriosas campañas. Robert expulsou de Roma ao Emperador e reduciu a cinzas un terzo da cidade. Roberto volveu en apoio do seu fillo Bohemundo na campaña de Grecia, pero morreu de febres en Cefalonia unhas semanas máis tarde en 1085.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.