Hauteville-la-Guichard

From Wikipedia, the free encyclopedia

Hauteville-la-Guichardmap

Hauteville-la-Guichard é unha poboación e comuna francesa situada na rexión de Normandía,[1] departamento da Mancha, distrito de Coutances e cantón de Saint-Sauveur-Lendelin.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Hauteville-la-Guichard
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 49°07′35″N 1°18′07″O
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsNormandía
DepartamentoMancha
Distritosarrondissement of Coutances (en)
Cantóncanton of Saint-Sauveur-Lendelin (en)
Poboación
Poboación452 (2022) (37,73 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921780
Superficie11,98 km²
Altitude75 m-11 m-111 m
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal50570
Fuso horario

Sitio webhauteville-la-guichard.fr
Pechar

Xeografía

Hauteville-la-Guichard esténdese por unha superficie de 11,98 km². En 2013 a comuna tiña 454 habitantes,[2] o que representa unha densidade de 38 hab./km².

Despois dunha cesión de terreos en 1825 á comuna de Montcuit, a superficie de Hautteville-la-Guichard reduciuse a 1 198 hectáreas, 37 áreas e 8 centiáreas.

O territorio inclúe numerosas aldeas: Hauteville-la-Guichard (a vila principal), o Mont, o Châteaus, e a Maiseon Blanche, entre outros.[3]

Historia do nome

Orderic Vital, no século XII, fala dun señor de Hauteville, Tancredo de Galilea, un dos varios Tancredos de Hauteville, nacido en 1072 ou 1076 e morto en 1112), un dos líderes da Primeira Cruzada, que foi príncipe de Galilea e rexente do Principado de Antioquía, e que era neto de Robert Guiscard. Este señor engadiría ao seu nome patronímico o nome da terra que ocupaba, segundo o uso nesa época, designación que non foi elixida ao chou, senón adoptada polo bo sentido popular e utilizada como un nome común desde que o territorio estivo habitado: Altavilla (en latín). Este nome, que se pode traducir como "vila sobre un outeiro", é adecuado. De feito, se nos situamos nalgúns lugares do municipio, como na aldea de Mont, por exemplo, a vista abarca unha extensión considerábel.[4]

A segunda parte do nome da comuna, Guichard, sería unha deformación de Robert Guiscard,[5] un dos fillos de Tancredo de Hauteville, que naceu nun lugar chamado la Cave contra 1015.[4] De feito, é tradicional considerar Hauteville-la-Guichard como lugar de orixe de Robert Guiscard, pero sen que haxa unha evidencia certa, porque a diocese de Coutances, no Cotentín, tiña tres parroquias co nome de Hauteville.

Porén, segundo a pouillé (rexistro eclesiástico) de 1280,[6] o determinante la-Guichard refírese máis ben a un certo Guichard de Montfort, daquela cura da parroquia,[7] dunha familia de orixe bretoa (Montfort-sur-Meu, Ille-et-Vilaine), pero establecido na rexión (señores do pequeno feudo de Montfort en Heugueville-sur-Sienne, cuxo nome sería levado a Remilly-sur-Lozon polos Les Marquetel).[8] Con todo cómpre mencionar que varios outros personaxes de Cotentín levaron o apelido Guischart, sen que se poida determinar se algúns deles eran parentes de Robert Guiscard, e ningún viviu en Hauteville-la-Guichard.[9]

Personalidades relacionadas coa comuna

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.