ópera tráxica de Gaetano Donizetti From Wikipedia, the free encyclopedia
Roberto Devereux ou Roberto Devereux, ossia Il conte di Essex (en galego Roberto Devereux, ou o conde de Essex) é unha traxedia lírica, ou ópera tráxica, de Gaetano Donizetti con libreto en italiano de Salvatore Cammarano baseado na traxedia Elisabeth d'Angleterre, de François Ancelot, aínda que Devereux foi o tema de alo menos outras dúas obras francesas: Le Comte d'Essex de Thomas Corneille e Le Comte d'Essex de La Calprenede. Esta ópera foi estreada o 29 de outubro de 1837 no Teatro di San Carlo de Nápoles protagonizada por Giuseppina Ronzi De Begnis, seguido por Venecia, con Caroline Ungher, Lisboa (1838), París con Giulia Grisi.
Robert Devereux, 2º conde de Essex, óleo de Marcus Gheeraerts o Xove | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Salvatore Cammarano |
Fontes literarias | Elisabeth d'Angleterre de François Andelot |
Estrea | 29 de outubro de 1837 |
Teatro da estrea | Teatro di San Carlo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Duración | 2 horas 15 minutos |
Música | |
Compositor | Gaetano Donizetti |
Personaxes | |
A ópera está inspirada libremente na vida de Robert Devereux, segundo conde de Essex, un influente membro da corte de Isabel I de Inglaterra. A trama de Roberto Devereux non era nada orixinal, derivada en principio do libreto de Felice Romani Il Conte d'Essex de 1833, orixinalmente con música de Saverio Mercadante; a viúva de Romani acusou a Cammarano de plaxio, aínda que a práctica de roubar tramas foi moi común entre os teatros de ópera rivais de Italia. É unha das numerosas óperas que Donizetti dicou á Era Tudor inglesa, xunt con Anna Bolena, Maria Stuarda e Il castello di Kenilworth.
Tense sinalado que, "aínda que a trama xoga coa historia, a ópera leva a súa propia marca de convicción dramática".[1]
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 29 de outubro de 1837 (Director: – ) |
---|---|---|
Elisabetta, raíña de Inglaterra | soprano | Giuseppina Ronzi de Begnis |
O duque de Nottingham | barítono | Paul Barroilhet |
Sara, duquesa de Nottingham | mezzosoprano | Almerinda Manzocchi Granchi |
Roberto Devereux, conde de Essex | tenor | Giovanni Basadonna |
Lord Cecil | tenor | Timoleone Barattini |
Sir Gualtiero Raleigh | baixo | Anafesto Rossi |
Un paxe | contralto | Giuseppe Benedetti |
Un criado de Nottingham | baixo | |
Señores do parlamento, cabaleiros, paxes, gardas de Nottingham |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.