From Wikipedia, the free encyclopedia
Roberta Metsola Tedesco Triccas, nada en San Ġiljan (Malta) o 18 de xaneiro de 1979, é unha avogada e política maltesa, presidenta do Parlamento Europeo dende o 18 de xaneiro de 2022.
Nome orixinal | (mt) Roberta Metsola Tedesco Triccas |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (mt) Roberta Tedesco Triccas 18 de xaneiro de 1979 (45 anos) St. Julian's, Malta (pt) |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Nacionalista (pt) 16 de xullo de 2024 – Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Malta (en) Electa en: eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 | |
Presidenta do Parlamento Europeo | |
2024 – 2027 | |
Presidenta do Parlamento Europeo | |
18 de xaneiro de 2022 – 2024 ← David Sassoli | |
Presidenta do Parlamento Europeo | |
O suxeito ten un papel: ad interim 11 de xaneiro de 2022 – 18 de xaneiro de 2022 ← David Sassoli | |
Vice-presidente do Parlamento Europeu (pt) | |
12 de novembro de 2020 – 11 de xaneiro de 2022 ← Mairead McGuinness (pt) | |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Nacionalista (pt) 2 de xullo de 2019 – Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Malta (en) Electa en: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 | |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Nacionalista (pt) 1 de xullo de 2014 – Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Malta (en) Electa en: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 | |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Nacionalista (pt) 25 de abril de 2013 – 30 de xuño de 2014 Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Malta (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Malta |
Educación | Universidade de Malta St Aloysius' College (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | política , xurista |
Partido político | Partido Nacionalista (pt) |
Lingua | Lingua maltesa, lingua inglesa e lingua francesa |
Participou en | |
16 de xaneiro de 2023 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2023 |
Familia | |
Cónxuxe | Ukko Metsola (2005–) |
Premios | |
Páxina web | robertametsola.eu |
Graduada en Dereito pola Universidade de Malta en 2003 continou coa súa formación no Colexio de Europa de Bruxas. É militante do Partido Nacionalista, dende a súa mocidade ocupou cargos relevantes: foi líder da sección de estudantes da formación política e, entre 2002 e 2003, secretaria xeral da organización Estudantes Demócratas Europeos (EDS), vencellada ao Partido Popular Europeo.[1]
En 2004, tras a adhesión maltesa á Unión Europea, integrou as listas do Partido Nacionalista ao Parlamento Europeo aínda que non resultou electa. Entre 2004 e 2012 traballou na Representación Permanente de Malta ante a Unión Europea. En 2012, pasou a ser asesora xurídica da Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Catherine Ashton, cargo ao que renunciou en 2013 para asumir como eurodeputada.[2]
Mantívose como membro do Parlamento Europeo logo das eleccións de 2014 e 2019, sendo escollida vicepresidenta primeira da cámara o 12 de novembro de 2020. En decembro de 2021, o grupo do Partido Popular Europeo propuxo o seu nome para a elección dun novo presidente do Parlamento, prevista para xaneiro de 2022.[3] Roberta Metsola chegou á votación, o 18 de xaneiro, exercendo provisionalmente a presidencia polo pasamento días antes de David Sassoli. Impúxose con 458 votos fronte os 101 da sueca Alice Bah Kuhnke, proposta polos Verdes, e os 51 da española Sira Rego, proposta pola Esquerda Europea.[4] A suma dos deputados do PPE, Social Demócratas e liberais, fixo de Roberta Metsola a terceira muller en presidir o Parlamento Europeo e a persoa máis nova en exercer esta autoridade.
Foi louvada polo seu perfil dialogante e posicionouse a favor dos dereitos dos migrantes e do colectivo LGTBI, aínda que foi criticada pola súa postura contraria ao aborto.[5][6]
Xa como presidenta do Parlamento, na reunión do Consello Europeo do 24 de febreiro de 2022, logo dos ataques rusos a Ucraína, Metsola propuxo a adopción de sancións severas á Federación Rusa e a prestación de asistencia financeira a Ucraína.[7]
Está casada co finés Ukko Metsola con quen é nai de catro fillos.[8]
Predecesor: David Sassoli |
Presidenta do Parlamento Europeo 2022 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.