From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Burgess Aldrich, nado en Cranston (Rhode Island) o 9 de agosto de 1918 e finado nos Ánxeles o 5 de decembro de 1983 foi un director de cinema estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Robert Burgess Aldrich 9 de agosto de 1918 Cranston, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 5 de decembro de 1983 (65 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia renal |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Educación | Moses Brown School (en) Universidade de Virxinia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | guionista, sindicalista, realizador, director de cinema, produtor de cinema, produtor |
Período de actividade | 1945 - |
Familia | |
Fillos | William Aldrich |
Premios | |
| |
|
Neto do senador Nelson W. Aldrich e primo de Nelson Aldrich Rockefeller estudou economía na Universidade de Virxinia. En 1941 abandonou os seus estudos por un traballo de cincuenta dólares á semana na RKO Radio Pictures. Tamén abandonou a súa familia e a súa potencial herdanza.
Deseguido conseguiu traballo como axudante de director, traballando con Jean Renoir, Abraham Polonsky, Joseph Losey e Charles Chaplin. Na década de 1950 comezou a dirixir na televisión. Tras conseguir rapidamente o recoñecemento como autor, na década seguinte dirixiu varios éxitos comerciais como ¿Que lle sucedeu a Baby Jane?, con Bette Davis e Joan Crawford, ou Doce do patíbulo (1967). O éxito deste filme permitiulle establecerse como produtor, pero algúns fracasos fixeron que tivese que volver aos filmes comerciais de Hollywood. Finou en 1983, vítima dun fallo renal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.