Roadster

From Wikipedia, the free encyclopedia

Roadster

Un roadster é un coche bipraza aberto, sen un teito fixo nin protección lateral contra a intemperie (con xanelas retráctiles o coche é tecnicamente un cabriolé, e non un roadster) con énfases no pilotaxe deportivo. Os roadsters adoitan ter teitos brandos aínda que os teitos duros retráctiles estanse facendo máis comúns.[1]

Thumb
Triumph TR3A, un roadster tradicional.

A historia do deseño

Thumb
Antigo roadster competindo pola Copa Vanderbilt.

En 1916, a Sociedade de Enxeñeiros Automotrices definiron un roadster como: "un automóbil aberto con dous ou tres asentos. Pode ter asentos adicionais nos estribos ou na cuberta traseira".[2] O asento adicional na cuberta traseira era coñecido como o asento da sogra. Un roadster aínda se define como un convertible de dous asentos.

As carrozarías roadster foron ofrecidas nos automóbiles de todos os tamaños e clases, dos coches de gran consumo, como o Ford Modelo T e o Austin 7 aos coches moi caros, como o Cadillac V-16, o Duesenberg Modelo J e ata o Bugatti Royale. Son moi populares entre os coleccionistas, a miúdo cun valor superior a outros estilos abertos.

Tradicionalmente, os roadsters non teñen xanelas, e nalgúns casos, non teñen portas. Algúns fabricantes aínda ofrecen roadsters que cumpren a descrición estrita. Estes inclúen o Morgan Roadster sen xanelas, Caterham, co Seven sen portas, e Ariel, co Atom sen carrozaría. Malia estes exemplos, o roadster tradicional foi substituído por coches de dous asentos convertibles con xanelas laterais que se retraen nas portas. Estes convertibles, incluíndo o Alfa Romeo Spider, MGB e Triumph TR4, foron aceptados como roadsters. O termo "roadster" abarca agora todos os convertibles de dous asentos, incluíndo aqueles con teitos eléctricos ou teitos duros retráctiles.

Hot rod Roadsters

Thumb
Hot Rod sobre a base dun Ford Modelo A roadster.

Os hot rod americanos baséanse nos roadsters e cupés da pre-segunda guerra mundial. O último Modelo T e o Ford de 1932 foron os chasis de partida máis populares.

Coches de carreiras do Campionato

O termo Roadster aplícase aos AAA/USAC Championship Cars, con motor dianteiro, asociados cas 500 Millas de Indianápolis. O motor e o eixe de accionamento do roadster están desprazados da liña central do coche. Isto permite que o asento do piloto este baixo no chasis facilitando así compensar o peso o que é beneficioso en pistas ovais. Pódese montar un mecánico á beira do piloto.

Thumb
1957 Kurtis Indy Roadster

Un dos motivos de por que este tipo de carreiras de coches se coñece como "roadster" é que un equipo que estaba preparando un novo coche para Indianápolis 500, cubrirano nun recuncho da súa tenda. Preguntóuselles sobre o seu coche e eles intentaron ocultar a súa importancia dicindo que era só o seu "roadster". Despois da carreira de Indianápolis fíxose público e o nome de "roadster" quedou unido a el.

Os roadsters desapareceron da competición a finais da década de 1960, logo da presentación e o posterior dominio, dos coches con motor traseiro. O último roadster en participar na carreira foi construído e pilotado por Jim Hurtubise na carreira de 1968 e retirouse cedo. Hurtubise tratou de presentar o mesmo coche en 1969, pero, mentres facía a súa volta de cualificación nunha moi boa velocidade, o motor fallou na última das catro voltas. O coche presentouse varias veces máis, pero nunca foi considerado seriamente o suficientemente rápido como para empezar. Construíronse algúns midgets que correron na década de 1970, pero nunca foron competitivos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.