From Wikipedia, the free encyclopedia
Rhodobacter sphaeroides é unha especie de bacteria púrpura, que obtén enerxía por medio da fotosíntese, e foi illada de lagos profundos e augas estancadas.[1] . As mellores condicións para o seu crecemento son as que lle permiten realizar a fototrofia anaeróbica (fotohererótrofa e fotoautótrofa) se hai luz, e a quimioheterotrofia aeróbica en ausencia de luz.[2] R. sphaeroides tamén pode fixar o nitróxeno.[1] É notablemente diversa metabolicamente, xa que pode crecer como heterótrofa por medio de fermentacións e da respiración celular aeróbica e anaeróbica.
Rhodobacter sphaeroides | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
|
R. sphaeroides é un dos organismos máis importantes no estudo da fotosíntese bacteriana. Non require condicións moi infrecuentes para o seu cultivo e é incriblemente eficiente na súa fotosíntese. A regulación da súa maquinaria fotosintética é de grande interese para os investigadores, xa que R. sphaeroides ten un intricado sistema para percibir as concentracións de O2.[3] Ademais, cando se expón a unha diminución da presión parcial de O2, R. sphaeroides forma invaxinacións na súa membrana plasmática. O aparato fotosintético está albergado nesas invaxinacións,[3] as cales se chaman cromatóforos.
O xenoma de R. sphaeroides é tamén bastante intrigante. Ten dous cromosomas, un de 3 Mb (chamado CI) e outro de 900 Kb (CII), e na natureza presenta cinco plásmidos. Moitos xenes están duplicados entre os dous cromosomas pero parecen estar regulados diferencialmente. Ademais, moitos dos marcos de lectura abertos (ORFs) en CII parecen codificar proteínas de función descoñecida. Cando se alteran algúns xenes de función descoñecida en CII, orixínanse diversos tipos de auxotrofia, o que indica que CII non é simplemente unha versión truncada de CI.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.