From Wikipedia, the free encyclopedia
As rexións históricas de Suecia (landsdelar) son as tres antigas "partes principais" do país, Svealand, Götaland e Norrland.[1] É unha división xeográfica tradicional sen función administrativa ou carácter oficial, pero utilizada en varios contextos.[2][3]
O uso máis común destas partes do país en contextos cotiás hoxe en día é probablemente nos informes meteorolóxicos.
Os nomes aparecen tamén en certas divisións de distrito, como por exemplo Mellersta Norrland e Övre Norrland, que nomean a dúas das chamadas áreas nacionais (riksområde) en contextos estatísticos.
A seguinte táboa fai referencia á distribución que ten sido xeralmente aceptada nos últimos séculos.
Rexión | Poboación
(2021)[4] |
Poboación
(%) |
Área
(km²), incluídos lagos e cursos de auga |
Área
(%) |
Número de provincias | Provincias |
---|---|---|---|---|---|---|
Götaland | 4 995 764 | 47,8 | 97 841 | 21,7 | 10 | Skåne, Blekinge, Halland, Småland, Öland, Gotland, Östergötland, Västergötland, Dalsland e Bohuslän |
Svealand | 4 268 504 | 40,8 | 91 098 | 20,2 | 6 | Södermanland, Uppland, Västmanland, Närke, Värmland, e Dalarna |
Norrland | 1 188 031 | 11,4 | 261 292 | 58,0 | 9 | Gästrikland, Hälsingland, Härjedalen, Jämtland, Medelpad, Ångermanland, Västerbotten, Norrbotten e Lappland |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.