From Wikipedia, the free encyclopedia
A Revolución Gloriosa foi o destronamento de Xacobe II de Inglaterra en 1688 polos parlamentarios que ofreceron o trono ao stadhouder dos Países Baixos Guillerme de Orange e a súa muller María II de Inglaterra, significou o comezo da democracia parlamentaria inglesa moderna. A Guerra Civil inglesa trouxera un sistema de poder persoal e absoluto na persoa de Oliver Cromwell, á súa morte para evitar unha nova guerra civil a alta burguesía e a nobreza chegaron a un acordo para restaurar a monarquía na persoa de Carlos II de Inglaterra, a cambio o rei aceptaba que correspondía ao Parlamento a elaboración das leis e fixar os impostos e a nobreza aceptaba a supresión dos seus monopolios e privilexios.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Á morte de Carlos subiu ao trono Xacobe, católico e de mentalidade absolutista, chegando a unha situación extremadamente delicada entre o Parlamento e o novo monarca, o cal non contaba co apoio da nobreza, anglicana e desgustada pola política real de desprazar aos protestantes do exército e a corte. Seguindo as teorías de John Locke de que todo gobernante quedaba sometido á decisión da maioría dos cidadáns uniuse a burguesía e a nobreza e ofrecéronlle a coroa a Guillerme de Orange coa condición que mantivese o protestantismo e deixase gobernar o Parlamento. O 5 de novembro Guillerme desembarcaba en Inglaterra, Xacobe abandonado de case todos viuse obrigado a deixar o trono e daba comezo un novo réxime no cal o poder residía no Parlamento, ditaba as leis, recadaba os impostos, elixía na práctica ao primeiro ministro mentre o rei reinaba pero non gobernaba. Non era unha democracia xa que só a nobreza e a alta burguesía tiña dereito ao voto pero Inglaterra converteuse no século XVIII nun facho de liberdade que atraía as miradas dos burgueses de toda Europa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.