A retinopatía da prematuridade (ou ROP, do inglés Retinopathy of prematurity), tamén coñecido como a síndrome de Terry[1], é unha doenza que afecta ao neonato, caracterizada por unha alteración no crecemeto da retina do ollo. Prodúcese por mor dunha vascularización anormal da retina, que pode chegar a ocasionar cicatrices e mesmo o desprendemento desta. Pode causar cegueira.

Datos rápidos ICD-10, ICD-9 ...
Retinopatía da prematuridade
Clasificación e recursos externos
Thumb
En cor vermella, a retina, estrutura afectada na ROP.
ICD-10H35.1
ICD-9360.20
OMIM133780
DiseasesDB11442
MedlinePlus001618
eMedicineped/1998
MeSHD012178
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Pechar

A prematuridade (nacementos antes da semana 37), o baixo peso no nacemento, e a administración de oxíxeno, son factores coñecidos de risco para padecer a enfermidade.

O tratamento baséase na fotocoagulación láser, aínda que en estadios máis avanzados onde a doenza é máis grave pódese requirir de cirurxía ou de tratamento con anticorpos monoclonais coma o bevacizumab.

Clasificación

A ROP pódese clasificar en 5 estadios segundo a extensión da afectación.[2]

  • Estadio 1: hai unha liña que separa a retina vascularizada da que fica avascular.
  • Estadio 2: a liña anterior vai ficando máis grosa, nomeándose crista monticular. Hai un comezo de neovascularización (formación de novos vasos sanguíneos).
  • Estadio 3: a neovascularización abrangue xa toda a retina.
  • Estadio 4: hai un desprendemento parcial da retina.
    • Estadio 4A: o desprendemento respecta a mácula.
    • Estadio 4B: o deprendemento comprende tamén a mácula.
  • Estadio 5: o desprendemento da retina é total, polo que se produce cegueira.

Tratamento

O principal piar do tratamento é a ablación mediante láser díodo da retina periférica avascular. Tamén se pode empregar a crioterapia, mais se se pode o tratamento con fotocoagulación láser é de elección.

Nos estadios máis severos, isto é, os estadios 4 e 5 onde existe desprendemento da retina, o tratamento mediante cirurxía pode ser unha opción a considerar. A vitrectomía consiste na exérese do compartimento vítreo.

Por último, a inxección intravítrea dun anticorpo monoclonal, o bevacizumab, é un fármaco empregado en casos severos, que inactiva o VEGF (factor de crecemento endotelial vascular), mellorando o prognóstico da doenza.[3]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.