From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos renílidos (Renillidae) é unha familia de cnidarios da clase dos antozoos, subclase dos octocoraliarios e orde dos pennatuláceos, constituída por un único xénero, Renilla.[1][2]
A familia foi descrita en 1870 polo naturalista británico John Edward Gray.[1][2]
O xénero fora descrito en 1816 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.[1][2]
Segundo o WoRMS a familia comprende as seguintes especies:[3]
Porén, o ITIS só recoñece tres:
A familia comprende especies encadradas comunmente entre os corais brandos, xa que carecen de esqueleto calcario como os corais da orde dos escleractinios, polo que non son corais hermatípicos.
Forman colonias de pólipos unidos por unha masa carnosa de cenénquima, ou tecido común xerado por eles, para soportaren a colonia.[4]
Distínguense dos outros pinnatuláceos pola característica forma das colonias: o seu raque é moi ancho e de contorno circular ou reniforme (de aí o seu nome) e en forma de folla carnosa que soporta numerosos pólipos unicamente na cara superior, carecendo de eixe axial. En conxunto, a colonia parece un abano.[4][5][6]
As especies desta familia están estendidas polas augas tropicais e subtropicais de América, tanto no Atlántico como no Pacífico.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.