filme de 2023 dirixido por Zack Snyder From Wikipedia, the free encyclopedia
Rebel Moon – Part One: A Child of Fire, ou simplemente Rebel Moon é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Zack Snyder a partir dun guión que el mesmo escribiu con Kurt Johnstad e Shay Hatten. Baséase nunha historia orixinal de Snyder.[3][4][5][6] Está protagonizado por Sofia Boutella, Djimon Hounsou, Ed Skrein, Michiel Huisman, Doona Bae, Ray Fisher, Charlie Hunnam e Anthony Hopkins. O filme está ambientado nunha galaxia ficticia gobernada polo imperialista Motherworld, cuxo exército, o Imperium, ameaza unha colonia agrícola na lúa de Veldt. Kora, unha antiga soldado do Imperio, embárcase nunha misión para recrutar guerreiros de toda a galaxia para defenderse contra o Imperio antes de que regresen a Veldt.
Rebel Moon | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rebel Moon |
Director | Zack Snyder |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Zack Snyder |
Intérpretes |
|
Música | Tom Holkenborg |
Fotografía | Zack Snyder |
Montaxe | Dody Dorn |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 15 de decembro de 2023 Netflix: 22 de decembro de 2023 |
Duración | 134 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Épico |
Orzamento | 166 millóns de dólares (compartido con The Scargiver)[2] |
Na rede | |
|
Logo dunha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos, Rebel Moon estreouse en Netflix o 22 de decembro de 2023, onde conta con opción de subtitulado en galego.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.