nome feminino From Wikipedia, the free encyclopedia
Raquel[1][2] é un nome propio feminino galego. Provén dunha personaxe bíblica que aparece mencionada por vez primeira no Xénese da Biblia hebraica, Raquel. O nome provén do hebreo: רָחֵל (Rakhél ou Rāḥēl) de significado: ovella.[3] Segundo a Biblia, Raquel foi a dona favorita de Xacob, un dos tres patriarcas bíblicos, e nai de Xosé e Benxamín. Foi filla de Labán e a irmá máis nova de Lea, a primeira dona de Xacobe. Xacobe era o seu curmán, e ela era a sobriña máis nova de Rebeca. En galego ten os hipocorísticos Quel e Queliña.[2]
En xaneiro de 2023, existían 8.419 mulleres en Galicia co nome María, cunha media de idade de 40,3 anos.[4]
Raquel non era un dos nomes comúns en Galiza, xa que ningunha parroquia do país ten como padroeira esta santa. Escrita en galego antigo coma Rachel (coa mesma pronuncia), hoxe é un nome común en Galiza. Raquel é un nome moi común nos países de fala hispana e inglesa: América Latina, España, os Estados Unidos, o Reino Unido, o Canadá, Australia e Nova Zelandia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.