Remove ads
xurista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Ramón Lázaro de Dou y de Bassols, nado en Barcelona o 11 de febreiro de 1742 e finado en Cervera o 14 de decembro de 1832, foi un político catalán. Deputado provincial por Cataluña para as Cortes de Cádiz, foi elixido primeiro Presidente das Cortes españolas, na sesión inaugural celebrada na Illa de León o 24 de setembro de 1810, obtendo cincuenta votos fronte aos corenta e cinco de Benito Hermida, o anterior Presidente provisional.[1] No 1813 exerceu ademais de deputado do clero da provincia de Tarragona.[2]
Nome orixinal | (ca) Ramón Llàtzer de Dou de Bassols |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1742 Barcelona, España |
Morte | 1832 (89/90 anos) Cervera, España |
Presidente do Congreso dos Deputados | |
24 de setembro de 1810 – 23 de outubro de 1810 ← Benito Ramón Hermida Maldonado – Luis Rodríguez del Monte → | |
Deputado nas Cortes de Cádiz | |
19 de setembro de 1810 – 20 de setembro de 1813 | |
Rector of the University of Barcelona (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xurista, político |
Estudou nun colexio xesuíta de Cordellés e posteriormente dereito en Cervera, obtendo en 1770 a cátedra de Decretais de Cervera. Ordenouse sacerdote e publicou varias obras, entre elas a máis interesante Instituciones del derecho público de España, con noticia del particular de Cataluña y de las principales reglas de gobierno en cualquier estado. En 1805 nomeárono chanceler da Universidade de Cervera, cargo que conservou ata a súa morte. Trala invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, Dou foi investigado polo Real Decreto en 1824, sendo libre.
Reformista, de pensamento moderadamente conservador, votou á soberanía nacional e asinou a Constitución de Cádiz. Así mesmo, interveu nos debates sobre a abolición do tormento, a liberdade de imprenta, a organización das provincias, a reforma da Facenda e o regulamento do Consello de Rexencia. Declarouse partidario entusiasta da contribución directa única, proxectada xa polo Marqués da Ensenada, coa supresión das rendas provinciais e a conservación das aduanas e algúns monopolios.
Derogada a Constitución, consagrouse ao goberno da Universidade, continuando cos seus estudos económicos. Foi unha persoa con moita fama na época, tal era su fama que cando o Papa Gregorio XVI decidiu suprimir o cargo de chanceler nas universidades españolas, exceptuouse a Universidade de Cervera, na que este era chanceler.
Ademais de publicar folletos e dictames, foi un autor prolífico.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.