astrónomo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Ramón María Aller Ulloa, nado no pazo de Filgueiroa de Donramiro (Lalín) o 3 de febreiro de 1878 e finado na vila de Lalín o 28 de marzo de 1966, foi un astrónomo galego, ademais de sacerdote e matemático.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1878 Donramiro, España |
Morte | 28 de marzo de 1966 (88 anos) Lalín, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Oviedo Universidade Complutense de Madrid |
Director de tese | Esteve Terradas i Illa |
Actividade | |
Ocupación | astrónomo, matemático, sacerdote |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1941–1966) Real Academia Galega (membro correspondente) (1926–1941) |
Obra | |
Doutorando | Rafael Cid Palacios, Antonia Ferrín e Enrique Vidal Abascal |
Familia | |
Pai | Domingo Enrique Aller Rodríguez |
Irmáns | Jesús Aller Ulloa |
Premios | |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Fillo do notario de Lalín Domingo Enrique Aller Rodríguez e afillado do deputado Ramón Villar Ulloa, comezou a estudar no Colexio dos xesuítas de Camposancos, na Guarda, e continuounos no seminario de Lugo.[1] Con vinte anos obtivo un doutoramento en teoloxía. Foi ordenado sacerdote con dispensa de dous anos, e, aos 26, acadou como alumno libre unha licenciatura en Ciencias Exactas pola Universidade de Madrid. Na década de 1910 construíu na súa casa, en Lalín, o primeiro observatorio astronómico de Galicia[2].
En 1939, encargouse de explicar Xeometría e Análise Matemática na Universidade de Santiago de Compostela. En 1943 doutorouse na Universidade de Madrid, e no 1944 na Universidade de Santiago creouse a Cátedra de Astronomía para el; grazas á súa colaboración e doazóns dos seus aparellos de astronomía, a Universidade de Santiago dispuxo dun observatorio[3], que hoxe leva o seu nome [4] ; nel continuou cos seus estudos do firmamento, sempre cunha estreita relación con importantes astrónomos europeos da época. Na universidade de Santiago dirixiu as teses doutorais de Enrique Vidal Abascal (On the orbits of visual double starts), Antonia Ferrín Moreiras (Observaciones de pasos por dos verticales), Rafael Cid Palacios [5], Francisco Múgica Buhigas, e Juan Antonio Zaera Toledo.
Ramón María Aller foi membro do Seminario de Estudos Galegos onde ingresou no ano 1928, cun discurso de entrada titulado "D. José Rodríguez González: o matemático de Bermés"[6], da Academia das Ciencias Exactas de Madrid, da Comisión da Astronomía e doutras institucións mundiais, así como da Real Academia Galega, na que ingresou o 27 de xullo de 1941 canda outros dezanove académicos de número.
Inventou aparellos de medición e observación, algúns deles foron adoptados polo observatorio de París. Dominaba dez idiomas.
En palabras de José Angel Docobo Durántez
"A produción científica de Aller, tendo en conta os medios, a época e os lugares onde a desenvolveu, foi excepcional: 78 artigos en revistas especializadas... 4 libros, 5 teses de doutoramento dirixidas e 4 estrelas dobres descubertas. Ademais, foi autor de numerosos deseños de instrumentos científicos e unha infinidade de observacións, cálculos, notas e catálogos estelares que ficaron inéditos. Por todo iso está considerado como un dos astrónomos españois máis salientables do século XX" [7]
Algunhas das publicacións de Ramón M. Aller son:
Foi nomeado catedrático e director vitalicio do observatorio de Santiago de Compostela, cóengo de honra da Catedral de Santiago, e fillo adoptivo da cidade de Santiago. O inglés Wilkins puxo o nome de Aller a un cráter da Lúa.
En 1960 Galicia recoñece o labor de Ramón M. Aller cun gran homenaxe en Lalín[10], no 2010 adícaselle o Día da Ciencia en Galego[11], e no 2011 a Real Academia Galega de Ciencias adícalle o Día do Científico Galego dese ano [12].
A Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela leva o seu nome [13].
Hugh Percy Wilkins e Patrick Moore (no seu libro The Moon), propuxeron o nome de Aller (como homenaxe ao seu traballo astronómico) para identificar o cráter Langrenus K (nome orixinal na nomenclatura da IAU con entrada de catálogo 4689) e durante as décadas dos anos 1950 e 1960 foi coñecido como cráter Aller nos mapas da superficie da Lúa, e así era coñecido na chegada do home a Lúa. O nome actual do cráter é unha homenaxe ao matemático inglés George Atwood, foi introducido provisionalmente no ano 1974 e adoptado oficialmente pola IAU no ano 1976, hoxe coñécese como cráter Atwood (alias Aller).[Cómpre referencia]
O cráter está situado no Mar da Fecundidade (Mare Fecunditatis) nas coordenadas 5.8°S 57.7°E, ten un diámetro de 28,64 km e unha profundidade de 2,5 km.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.