Ralph H. Fowler

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ralph H. Fowler

Ralph Howard Fowler (/ˈflər/), nado o 17 de xaneiro de 1889 en Roydon, Essex, e finado o 28 de xullo de 1944, foi un físico e astrónomo británico. Durante a primeira guerra mundial foi comisionado no corpo de Artillaría dos Marines Reais e foi ferido de gravidade no ombreiro durante a campaña de Gallipoli. Por mor desta ferida pasou a traballar xunto a Archibald Hill. Como segundo de Hill, traballou en balística anti-aeronaves no departamento experimental do HMS Excellent en Whale Island, Hampshire. Fixo unha contribución notable na aerodinámica das carcasas rotatorias. Recibiu a Orde do Imperio Británico en 1918.[1]

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Ralph H. Fowler
Thumb
Nome orixinal(en) Sir Ralph Howard Fowler
Biografía
Nacemento(en) Ralph Howard Fowler
17 de xaneiro de 1889
Roydon, Reino Unido (pt)
Morte28 de xullo de 1944 (55 anos)
Cambridge, Reino Unido
ResidenciaReino Unido
EducaciónTrinity College (1908–1914)
Winchester College (1902–1908)
Universidade de Cambridge
Director de teseArchibald Vivian Hill e Ernest Rutherford
Actividade
Ocupaciónfísico, astrónomo, xogador de criquet, profesor universitario
EmpregadorBoard of Ordnance (pt) (1939–1944)
Universidade de Cambridge (1919–1938)
Membro de
Carreira militar
Rama militarRoyal Marines (pt)
ConflitoPrimeira guerra mundial
segunda guerra mundial
Campanha de Galípoli (pt)
DeporteCrícket
golf
Obra
Obras destacables
DoutorandoNevill Francis Mott, John Lennard-Jones (pt) , Paul Dirac, Cecil Frank Powell, Subrahmanyan Chandrasekhar, Maurice Pryce (pt) , Homi Jehangir Bhabha (pt) , Richard Buckingham (pt) , Thomas MacFarland Cherry (en) , Charles Coulson, Harrie Massey (pt) , William McCrea (pt) , Noel Bryan Slater (pt) , Bertha Swirles (pt) , Harold Taylor (pt) , Harold Neville Vazeille Temperley (pt) , Laurence Chisholm Young (pt) , Arthur Francis Chesterfield Stevenson (en) , H. M. Taylor (en) e Cecil Frank Powell (en)
Familia
CónxuxeEileen Mary Rutherford (1921–1930)
FillosEliot Patrick Fowler, Elizabeth Rutherford Fowler, Peter Howard Fowler, Ruth Fowler Edwards
PaiHoward Fowler
ParentesErnest Rutherford, sogro
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.272)
WikiTree: Fowler-5246
Pechar

En 1919 Fowler volveu ó Trinity College e foi nomeado lector en matemáticas en 1920. Alí traballou na termodinámica e mecánica estatística, achegando un novo enfoque á química física. Xunto a Arthur Milne, compañeiro seu durante a guerra, escribiu un traballo seminal sobre o espectro, temperaturas e presións estelares. En 1925 foi admitido como membro da Royal Society.[2] Foi supervisor de investigación para Paul Dirac, e en 1926 traballou con el na mecánica estatística das estrelas ananas brancas. En 1928 publicou xunto a Lothar Nordheim un artigo no que explicaba o fenómeno físico coñecido posteriormente como campo de emisión de electróns, e axudou a establecer a validez da teoría moderna de bandas de electróns. En 1931 foi o primeiro en formular e etiquetar a lei cero da termodinámica.[3]

Obra seleccionada

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.