O Rally Mil Vistas de 1992 foi a terceira edición de dito rally e a última proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 14 de novembro de 1992 e o vencedor foi Manuel Senra, sobre un Peugeot 309 GTI 16v.[1]

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Modelo:Competición deportivaRally Mil Vistas de 1992
Tipoedición de rally Editar o valor en Wikidata
Parte deRally Mil Vistas e Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Número de edición3  (1992) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoManuel Senra Editar o valor en Wikidata

1991 Editar o valor en Wikidata
1993 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Itinerario

Tanto a saída como a chegada situouse en Muros. Constou de 63,6 km cronometrados divididos en 11 treitos: dúas pasadas polos trazados de Carnota (4,95 km), O Ézaro (11 km), Dumbría (3,5 km) e Vimianzo (3,5 km) e tres polo de Muros (5,9 km).[2]

Resumo

Germán Castrillón non participou na proba ao ser xa matematicamente campión de Galicia, polo que a atención centrouse no subcampionato ao que optaban Manuel Senra (486 puntos), Sergio Vallejo (455 puntos), Javier Piñeiro (446 puntos), Javier Paz (437 puntos) e José María Banga (420 puntos).[2] Finalmente o triunfo e o subcampionato foron para Senra, tras unha cómoda vitoria nunha carreira marcada polas malas condicións meteorolóxicas, que provocaron numerosos abandonos e problemas aos participantes.[1]

Clasificación

Máis información Pos, Piloto ...
Pos Piloto Vehículo
1 Galicia Manuel Senra Peugeot 309 GTI 16v
2 Galicia Javier Paz Citroën AX Sport
3 Galicia Juan Carlos Táboas Citroën AX Sport
Abandonos
- Galicia Jesús Campos Renault Clio
Pechar

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.