chofer e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Rafael Pérez Vázquez, nado na Mezquita en 1968, é un político galego do BNG.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) A Mezquita, España |
Alcalde da Mezquita | |
2011 – ← José Luis Santamarina Ferro | |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Mezquita |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
É autónomo e traballa no sector do transporte, como taxista e na empresa de autobuses da familia. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do BNG na Mezquita e foi elixido concelleiro. Logo das municipais de 2007, tras perdelo PPdeG a maioría absoluta, chegou a un acordo de goberno co PSdeG-PSOE e pasou a ser tenente de alcalde do socialista José Luis Santamarina Ferro. Tralas municipais de 2011 foi elixido alcalde co apoio dos dous concelleiros do PSdeG-PSOE e o único do PPdeG. O apoio do PPdeG produciuse para impedir gobernar a Mezquiteses Agrupados (MA), liderada polo expopular Francisco Montesinos, que fora a lista máis votada. En xaneiro de 2014 os independentes presentaron unha moción de censura contra el, apoiados por un concelleiro socialista transfuga. Porén, a moción fracasou dado que legalmente o apoio do transfuga non era válido[1].
Nas municipais de 2015 volveu ser elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2019 foi reelixido cunha ampla maioría absoluta, logrando un 65% dos votos e 7 concelleiros de 9. Nas municipais de 2023 foi novamente reelixido con maioría absoluta, se ben baixou a un 51% dos votos e 5 concelleiros.
Predecesor: José Luis Santamarina Ferro |
Alcalde da Mezquita 2011 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.