Historiador, xurista, crítico literario e escritor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Rafael Altamira y Crevea, nado en Alacant o 10 de febreiro de 1866 e finado na Cidade de México o 1 de xuño de 1951, foi un humanista, historiador e americanista; pedagogo, xurista, crítico literario e escritor español. Estreitamente vinculado aos proxectos da Institución Libre de Enseñanza, alumno e amigo de Francisco Giner de los Ríos, foi secretario do Museo Pedagóxico Nacional. Doutor honoris causa en oito universidades de América e Europa, e membro de nove institucións académicas, exiliouse en México en 1944.
Rafael Altamira foi un dos primeiros historiadores que impulsaron a Historiografía en España, partindo da súa relación coa cultura e a historia das ideas. Aínda que impulsou e apoiou sempre á Institución Libre de Ensino e as ideas do institucionismo, na que traballou como docente, mantivo sempre independencia de criterio respecto ao krausismo, nunha orientación ideolóxica liberal-progresista. Promoveu a educación popular e propugnou unha pedagoxía con forte sentido moral. En 1898 creou, xunto con outros catedráticos da Facultade de Dereito da Universidade de Oviedo, a Extensión Universitaria como área definida da universidade co propósito de difundir os coñecementos xerados nesta institución a través de conferencias, cursos, e outras actividades a aquelas clases sociais que non podían acceder a eles, seguindo o exemplo de varias universidades inglesas que xa se estendeu a outros países europeos como Alemaña e Bélxica. Nesa liña, e como secretario do Museo Pedagóxico Nacional, adxudicóuselle a responsabilidade de materializar o proxecto dunha rede de bibliotecas circulantes, recuperando do esquecemento as bibliotecas populares creadas por Manuel Ruiz Zorrilla en 1869.[1][2] Ademais de coordinar e administras todas esas institucións non deixou de impartir cursos e conferencias en numerosas universidades españolas e estranxeiras (Arxentina, Perú, Estados Unidos, Francia e Inglaterra, entre outras).
A súa obra inscríbese igualmente dentro do rexeneracionismo como continuadora da de Joaquín Costa e baixo unha grande influencia do evolucionismo e un grande interese pola ciencia experimental. Cultivou asiduamente o xornalismo e a crítica literaria e deixou escritos máis de setenta libros, entre eles libros de narracións, como os seus Cuentos de amor y tristeza ou a súa novela Reposo, hai que destacar a súa soada Historia de España y de la civilización española, así como a Psicoloxía del pueblo español e a Historia del Derecho español.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.