grupo de punk-rock galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Radio Océano foi un grupo de punk-rock galego creado na Coruña en 1981 (aínda que con algún músico de Ferrol). Foron moi activos na escena do rock galego da época, que eles axudaron a fundar.
O grupo formárono os xornalistas coruñeses Xosé Manuel Pereiro e Santiago Romero en 1981 e axiña comezaron a tocar cos grupos que naquel momento comezaban a facer música rock na Galiza (Siniestro Total, Os Resentidos). Tamén facían parte da publicación alternativa La Naval (1986-1987) e colaboraban co poeta Lois Pereiro.
Tiveron unha presenza moi activa nos programas de Radio 3 de Radio Nacional de España, o que lles permitiu gravar o seu único LP (Nin falta que fai), no ano 1985. O seu disco é unha obra seminal do rock galego e ademais de ser unha peza de coleccionista é valorado como un dos discos fundamentais na historia do rock galego.[1].
Disolvéronse en 1987. O seu baixista nesa época cambiou mais tarde o seu nome artístico e converteuse en Pablo Bicho. O batería das formacións terceira e cuarta (1984-1987), Dani Punta, tocaba simultaneamente no grupo Viuda Gómez e Hijos.[2]
Co gallo do 25 aniversario de La Naval, varios músicos relacionados co movemento bravú organizaron un concerto homenaxe que tivo lugar o 22 de abril de 2010 na sala Nasa de Santiago de Compostela. Nese concerto, integrantes de Ultraquans e The Homens acompañaron a Rotring, con dúos con Julián Hernández, Miguel Costas, Uxía Senlle, Paco Lodeiro ou Antón Losada. Logo, compoñentes da segunda formación subiron a un escenario xuntos por primeira vez dende había 25 anos, e interpretaron algunhas das súas cancións máis recordadas.
Para maio de 2018 está prevista a saída dun disco recompilatorio, un vinilo dobre que será editado por Subterfuge Records.
LP
Outros
O tema "Narcisismo", con letra de Lois Pereiro, foi incluído no recompilario Rock Gallego. Donde estabas tú? (DRO, 1994). En 2011 foi versionada por Das Kapital e incluída no seu disco Ruído negro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.