político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Antón Losada Trabada, nado en Xove en 1966, é un escritor e político galego, que estivo vinculado ao BNG.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2019.) |
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Xove, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Administración pública, ciencia política, política, política mariña, pesca, nacionalismo e federalismo |
Ocupación | político, xornalista, escritor, politicólogo, comentarista político |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (2001–) |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese sobre o impacto da política de pesca na consolidación institucional da autonomía, é profesor titular de Ciencia Política no departamento de Socioloxía e Ciencia Política desa universidade dende 1998. Ten un máster en xestión pública pola Universidade Autónoma de Barcelona.
A súa posición de relevancia gañouna sobre todo grazas ao seu labor no ámbito dos medios de comunicación, participando en diversos parladoiros radiofónicos da Cadena SER e escribindo artigos no xornal electrónico Xornal.com, en La Opinión e El Periódico de Catalunya. O seu maior cargo de responsabilidade tívoo a mediados dos anos noventa, cando ocupou a dirección de Radiovoz en Madrid. Tamén colaborou en diversos programas de radio e televisión, entre os que destacan os programas humorísticos Unha de romanos e A familia Mudanza na TVG, a serie Composteláns dirixida por Xosé Manuel Pereiro, e foi o presentador do programa Bule Bule, dirixido por Antón Reixa.
Tamén compuxo letras para temas de Siniestro Total e Os Resentidos, así como unha peza de teatro, Qué é das dependentas dos grandes almacéns ó faceren os cincuenta?, para a compañía Pífano.
O seu contacto coa política iniciouse na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi membro dos CAF. Nos primeiros anos noventa foi asesor puntual do conselleiro de Pesca, o popular Henrique López Veiga. Na primeira década do século XXI retomou o nacionalismo e a partir do ascenso de Anxo Quintana como voceiro nacional do BNG, fíxose militante e comezou a traballar ao seu lado en labores de asesoría e comunicación política.
En 2005 foi nomeado secretario xeral de Vicepresidencia e de Relacións Institucionais, colocándose como a man dereita de Anxo Quintana dentro do organigrama da Xunta de Galicia. Nese posto as súas tensións cos medios de comunicación foron frecuentes, e viuse implicado en diversas polémicas. O 6 de setembro de 2007 cesou, e as razóns alegadas foron motivos persoais.[1] Porén, diversos medios alegaron que fora unha destitución,[2] e relacionárona co tratamento de información política na TVG.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.