Raíces profundas
filme de 1953 dirixido por George Stevens From Wikipedia, the free encyclopedia
filme de 1953 dirixido por George Stevens From Wikipedia, the free encyclopedia
Raíces profundas (en inglés: Shane) é un western estadounidense de 1953, producido e dirixido por George Stevens. O guión é de A.B. Guthrie Jr., adaptado da novela de Jack Schaefer de 1949. A súa fotografía, gañadora do Óscar é de Loyal Griggs. O filme está protagonizado por Alan Ladd e Jean Arthur, para a que foi a última (e única en cor) longametraxe da súa carreira.
Raíces profundas | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Shane |
Director | George Stevens |
Produtor | George Stevens |
Guión | A.B. Guthrie, Jr. Jack Sher |
Intérpretes | Alan Ladd Jean Arthur Van Heflin Brandon deWilde Jack Palance |
Música | Victor Young |
Fotografía | Loyal Griggs |
Montaxe | William Hornbeck Tom McAdoo |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 23 de abril de 1953 |
Duración | 118 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | $3 100 000 |
Recadación | $20 000 000[1] |
Na rede | |
O American Film Institute incluíu Raíces profundas na súa lista dos mellores filmes estadounidenses en 1998 no 69.º lugar e novamente en 2007 no 45.º posto.
O filme conta a historia do misterioso pistoleiro Shane, que acaba de chegar a unha rexión de asentamentos nun val de Wyoming. Os colonos luitan polos seus dereitos contra os grandes criadores de gando, que controlan a maior parte da terra, e Shane involúcrase no conflito.
Shane, que quere mudar de vida, acepta traballar na pequena facenda de Starret, sentíndose atraído pola súa dona, Marian. O fillo de Starret, Joey, interésase por Shane e descobre o cinto cunha pistola que o cowboy agachara. O rapaz asómbrase cando Shane lle amosa a súa habilidade coas armas e convértese nun ídolo para Joey.
A tensión entre as faccións en conflito aumenta cando Ryker, o facendeiro máis poderoso da rexión, contrata o temíbel pistoleiro Jack Wilson para facer presión sobre os propietarios dos sitios.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.