RCD Espanyol (baloncesto)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A sección de baloncesto do RCD Espanyol foi un equipo profesional español con sede na cidade de Barcelona, Cataluña. Durante a segunda metade da década de 1980 xogou na Liga ACB, até que en 1991 se fusionou co CB Granollers. O seu maior éxito foi a consecuión da Copa do Rei en 1941 ao vencer na final por 35−20 ao Hospitalet.[1]
RCD Espanyol | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1923 |
Desaparición | 1989 |
Cores | Azul, branco |
Localización | |
Cidade | Barcelona, España |
Pavillón | Palau Municipal d'Esports |
Capacidade | 6 523 |
Inauguración | 1955 |
Campionatos | |
Copa do Rei | 1 (1941) |
Historia
A sección de baloncesto do RCD Espanyol foi fundada en 1923 e extinguida en 1989. En 1923, por tanto, o club converteuse nun dos primeiros clubs deportivos de Cataluña con equipo de baloncesto. En 1923 participou no primeiro Torneo Rexional. Cómpre destacar que o primeiro punto anotado no devandito campionato logrouno o xogador do Espanyol Bagués ao anotar un tiro libre. Desde 1924 a 1927 o club non participou en ningún torneo oficial, até que o fixo na temporada 1927−28 no Campionato de Segunda Categoría, proclamándose campión desta e ascendendo á Primeira División. Na temporada 1928−29 quedou en quinto posto da clasificación e na 1929−30 terceiro.
Nas temporadas 1930−31 e 1931−32 a sección proclamouse Campión de Cataluña. Nas tempadas 1932−33 e 1933−34, porén, foi subcampión deste mesmo torneo. Na temporada 1940-41 participou nos Campionatos Nacionais que se disputaron en Madrid, proclamándose Campión de España ao derrotar na final a outro club catalán, o CB L'Hospitalet. Na temporada 1941−42, o equipo quedou en sétimo lugar porque moitos dos seus mellores xogadores pasaron a outros clubs. Este feito fixo que durante as seguintes tempadas as actuacións dos branquiazuis non fosen todo o boas que deles cabía esperar e acabou descendendo á Segunda Categoría. Permaneceu na Segunda Categoría desde o 1946 até o 1950, cando se gañaron 25 dos 26 partidos xogados e logrou o ascenso á Primeira Categoría. No palmarés do Espanyol de baloncesto figuran pois, dous Campionatos de Cataluña en 1930−31 e 1931−32 e un Campionato de España en 1940−41.
O Espanyol regresaría á elite na década de 1980, sendo estes os mellores anos da sección. Militou cinco tempadas na Liga ACB, e contou con xogadores como Mike Phillips, Ferran Martínez, Albert Illa, Jordi Freixanet, Toni Tramullas, Manel Bosch, Óscar Cervantes, Pepe Collins ou Santi Abad. Nesa época o equipo disputaba os seus partidos no Palau Municipal d'Esports de Barcelona (do catalán: Palacio Municipal dos Deportes de Barcelona). O equipo chegou a disputar a Copa Korać na temporada 1986−87, mais descendeu na temporada 1988−89, o que acabou precipitando a súa desaparición. Cómpre destacar que 1988 a sección foi comprada pola empresa Unipublic, desvinculándose definitivament do club. Finalmente, esta fusionase co Granollers antes de desparecer definitivamente.
Patrocinios
Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa estancia na Liga ACB:
- Español (1984−1985)
- Español Júver (1985−1986)
- Gin MG Sarriá (1986−1987)
- Grupo IFA RCD Español (1987−1988)
- Grupo IFA Español (1988−1989)
Xogadores
Destacados
Santi Abad
Manel Bosch
Óscar Cervantes
Jordi Freixanet
Albert Illa
Ferran Martínez
Herminio San Epifanio
Toni Tramullas
Victor Anger
Ken Austin
Jack Haley
Mike Phillips
Claude Riley
Vernon Smith
Dale Solomon
Pepe Collins
Historial
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1929–58 | Copa do Rei | Unha vez campión (1940–41) | ||||||||
1957–58 | 1 | 1ª División | 7th | 7–11 | ||||||
1958–59 | 1 | 1ª División | 7th | 10–14 | ||||||
1959–60 | 1 | 1ª División | 9th | 12–1–15 | Primeira rolda | |||||
1960–61 | 1 | 1ª División | 10º | 6–16 | Semifinais | |||||
1961–62 | 1 | 1ª División | 5º | 10–8 | Cuartos de final | |||||
1962–82 | Lower divisions | |||||||||
1967–68 | 2 | 2ª División | 2º | 13–8 | ||||||
1968–69 | 2 | 2ª División | 1º | 24–1–3 | ||||||
1969–70 | 1 | 1ª División | 12º | 3–1–18 | ||||||
1970–71 | 2 | 2ª División | 3º | 15–1–10 | ||||||
1971–72 | 2 | 2ª División | 6º | 9–13 | ||||||
1972–73 | 2 | 2ª División | 9º | 13–15 | ||||||
1973–74 | 2 | 2ª División | ||||||||
1974–75 | 2 | 2ª División | 10º | 7–1–14 | ||||||
1975–76 | 3 | 3ª División | 1º | 24–4 | ||||||
1976–77 | 3 | 3ª División | 5º | 16–1–9 | ||||||
1977–78 | 3 | 3ª División | 1º | 23–7 | ||||||
1978–79 | 3 | 2ª División | 8º | 15–15 | ||||||
1979–80 | 3 | 2ª División | ||||||||
1980–81 | 3 | 2ª División | 2º | 18–8 | ||||||
1981–82 | 3 | 2ª División | ||||||||
1982–83 | 2 | 1ª División B | 6º | 13–1–11 | ||||||
1983–84 | 2 | 1ª División B | 1º | 21–5 | ||||||
1984–85 | 1 | ACB | 12º | 12–18 | Copa Príncipe | SR | ||||
1985–86 | 1 | ACB | 12º | 16–17 | Copa Príncipe | CF | ||||
1986–87 | 1 | ACB | 14º | 15–17 | Copa Príncipe | OF | 3 Copa Korać | SR | 3–1 | |
1987–88 | 1 | ACB | 16º | 8–24 | Copa Príncipe | OF | ||||
1988–89 | 1 | ACB | 8º | 22–16 | Primeira rolda | |||||
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.