From Wikipedia, the free encyclopedia
R-7 foi a denominación do primeiro mísil balístico intercontinental da Historia, que se converteu además no primeiro lanzador orbital cando, tras algunhas modificacións, puxo en órbita o satélite Sputnik I.
O R-7 foi desenvolvido pola Unión Soviética e foi coñecido tamén como 8K71 polo seu índice GRAU como SS-6 Sapwood pola súa denominación OTAN. Foi alcumado tamén como Semyorka, que en ruso significa "o sete". A pesar de todo, o R-7 nunca chegou a ser posto en servizo, sendo substituído pola súa variante R-7A (índice GRAU 8K74).
O R-7 foi a orixe de toda unha familia de lanzadores espaciais, incluíndo os lanzadores Soiuz usados hoxe en día que manteñen a estrutura básica do mísil antepasado: catro foguetes aceleradores arredor dun foguete central, ao que se lle engadiron etapas para dotalo de diferentes capacidades orbitais.
Os requisitos para o deseño do R-7 foron que, usando propelente líquido, fose capaz de levar unha oxiva de ata 10 toneladas a unha distancia de entre 5000 e 10.000 km. O inicio do proxecto, liderador por Korolev, foi autorizado o 4 de decembro de 1950 e implicou a gran cantidade de institutos de investigación.
O desenvolvemento do mísil coas especificacións indicadas foi un desafío para a tecnoloxía da época, necesitándose motores con impulsos de entre 200 e 300 toneladas usando osíxeno líquido e queroseno en lugar de osíxeno líquido e alcohol como nas V-2 alemás, e un impulso específico de 325 segundos no baleiro. Ademais houbo que desenvolver un sistema de guiado inercial autónomo e mediante radio, así como as tecnoloxías para permitir a supervivencia da oxiva nuclear durante a reentrada atmosférica de camiño ao seu obxectivo. Deseñouse tamén unha novedosa plataforma de lanzamento na que o mísil quedaba suspendido no ar mediante unha estrutura metálica.
O 20 de maio de 1954 autorizouse o desenvolvemento definitivo do R-7. O mísil tería catro foguetes aceleradores arredor dun foguete central que só se acendería cando os catro aceleradores acadasen o seu impulso máximo. O oxiva tería forma de cono de 16 graos e 7,27 m de longo, cunha masa de 5500 kg e un CEP de 3,39 km. O alcance sería de 8000 km, para o cal a oxiva acadaría unha velocidade de 7,9 km/s. A masa na engalaxe do mísil sería de 280 toneladas. Para o seu lanzamento sería trasladado horizontalmente ata a rampla de lanzamento, onde sería posto en vertical e enchido de propelentes.
A fase de construción do mísil autorizouse o 20 de novembro de 1954. Korolev decidiu que o deseño estaba finalizado o 11 de marzo de 1995, momento a partir do cal comezou a fabricación dos distintos elementos.
As probas de voo dos primeiros doce prototipos finalizaron o 30 de xaneiro de 1958. Para entón a Unión Soviética lanzara o Sputnik 1 e o Sputnik 2 con R-7 modificados. Probáronse dous grupos máis de mísiles de proba ata decembro de 1959, pero o mísil nunca chegou a ser posto en servizo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: R-7 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.